Cea Benéfica
05/10/2011
O vindeiro 28 de outubro terá lugar a Cea Benéfica, que se ven celebrando dende o ano 2001. O obxectivo da mesma é recadar fondos para continuar co desenvolvemento dos programas de prevención e inserción social das drogodependencias, que esta entidade ten en funcionamento dende hai mais de vinte anos.
Nunha época de crise coma a que estamos vivindo, na que a administración vese obrigada a realizar continuos recortes, é mais importante ca nunca poñer en práctica valores coma a solidarizade e o compromiso social.
Invitamos á poboación a participar neste acto e a colaborar connosco. Para elo, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir o acto, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, si se trata dun comercio doar algún articulo para o sorteo.
A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, as dez da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais.
Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar.
NOTA:
O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Nova Caixa Galicia:2080-0385-92-3040001082. Ref. Cea Benéfica.
Para doazóns pódense poñer en contacto connosco chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.