CANNABIS A ESTUDO

Cannbis a estudo

09/02/2024

Os recentes debates sobre a legalización do uso do cannabis e a súa autorización para o emprego terapéutico difunden, en moitas ocasións, mensaxes confusas que tentaremos esclarecer nos parágrafos seguintes.

Con moita frecuencia fálase do cannabis como se fora unha substancia cun único compoñente e un exclusivo efecto; pero o cannabis é unha planta que contén máis de 100 cannabinoides, dos cales os máis destacados son o THC (tetrahidrocannabinol) e o CBD (cannabidiol).

A maioría dos cannabinoides presentes no cannabis foron pouco estudados e,  polo tanto, descoñécense os efectos de moitos deles. O THC relacionase directamente con efectos nocivos como a dependencia, maior risco para a posterior aparición de problemas de saúde mental e retraso nos procesos de aprendizaxe nos consumos a idades temperás.

Según o último Informe Europeo sobre Drogas, produciuse un aumento considerable da potencia de THC nas plantas, debido á manipulación xenética das mesmas para acadar un maior potencial de acción.

Convidamos a ter un espíritu crítico e débese ter en conta que os posibles efectos terapéuticos do cannabis teñen pouco que ver cos efectos crónicos e agudos do seu consumo como substancia adictiva. De feito, o consumo de cannabis non é inocuo nin recomendable.

FONTE: Plan Nacional Sobre Drogas