Campaña: Light for Rights (ONUSIDA)

Cartel da campaña

29/11/2011

A campaña de Light for Rights conmemora o tema deste ano para o Día Mundial da SIDA: dereitos humanos e acceso universal. Este ano, alenta a que 100 cidades de todo o mundo apaguen as luces dos monumentos públicos para lembrar o devastador efecto que a SIDA tivo e que acendan novamente as luces para iluminar os dereitos humanos fundamentais compartidos por todos pero xeralmente negados ás persoas seropositivas.

A campaña de Light for Rights envía unha mensaxe de esperanza ao mundo”, dixo Michel Sidibé, Director Executivo de ONUSIDA. “O poder da luz pode levar a mensaxe de que os dereitos humanos son esenciais para a resposta á SIDA”.

No Día Mundial da SIDA deste ano o noso desafío é claro: debemos seguir facendo o que é efectivo, pero debemos facer máis, de maneira urxente, para manter o noso compromiso de alcanzar o acceso universal á prevención, o tratamento, a atención e o apoio relacionados co VIH para 2010”, afirmou o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon. “Só conseguiremos este obxectivo se diriximos toda a luz dos dereitos humanos ao VIH. As respostas á SIDA non castigan ás persoas, senón que as protexen”.

A Consellería de Sanidade tamén se suma a esta iniciativa, polo que os próximos días 30 de novembro e 1 de decembro, de 18:30 a 24:00 horas, vaise proxectar sobre a fachada da catedral de Santiago de Compostela un gran lazo a vermello e o lema “Previr é posible”. No momento do alumeado levarase a acabo a lectura dun manifesto como acto previo a iniciar a proxección. Invítase a poboación a participar neste acto, xa que “previr é posible, de nós depende”.

Se damos luz ós dereitos humanos das persoas que teñen SIDA, estas poderán saía da escuridade e acceder ó tratamento, a información, a atención e o apoio que necesitan para levar unha vida normal”. Dr. Paul de Lay, director executivo adxunto de ONUSIDA.