Campaña de verán da DXT

Cartel da campaña "O porro máis caro do mundo"

11/08/2015

Conducir despois do consumo de sustancias psicoactivas é un feito frecuente en España, alcanzando a doce de cada cen condutores/as, tal e como mostran os resultados do Proxecto europeo DRUID´13 (Driving Under Influence of alcol and Drugs") proxecto que estuda a prevalencia de consumo de alcol e drogas entre os condutores/as.

Ademais, a memoria que anualmente realiza o Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses (INTCF) a unha mostra de falecidos/as en accidente de tráfico, constata que en 2014 catro de cada dez condutores /as falecidos/as en accidente de circulación resultaron positivo en sangue a drogas e/ou psicofármacos e/ou alcol. En concreto dos 614 condutores/as falecidos/as en accidente de circulación e analizados polo INTCF, 240, (39%) resultaron positivos en sangue a drogas e/ou psicofármacos e/ou alcol. No referente a peóns, dos 173 peóns falecido/ass e analizados/as no INTCF, o 40% deles (104) presentaron resultados positivos en sangue a drogas e /ou psicofármacos e/ou alcol.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Tráfico intensifica durante unha semana (do 10 ao 16 de agosto) os controis preventivos, de modo que calquera condutor/a pode ser solicitado/a para realizar un control de alcol ou de drogas a calquera hora do día e en calquera estrada, coincidindo nestas data celebracións e festas en diversas localidades de toda España.

Como adoita ser habitual neste tipo de campañas a DXT convidou ás corporacións locais, así como aos organismos autonómicos con competencia na materia a sumarse á mesma e incrementar os controis e a vixilancia nas súas respectivas vías. Deste xeito, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, realizarán máis de 25.000 controis diarios de alcol e drogas, en calquera vía, hora e día da semana.

Porase especial énfase nos colectivos policonsumidores, aqueles condutores/as que se pon ao volante e que consomen habitualmente alcol e/ou drogas.

Desde a entrada en vigor da modificación da Lei de Seguridade Viaria en maio de 2014, máis de 3.000 condutores/as reincidentes (aqueles condutores que fosen sancionados no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol) foron sancionados/as con 1.000 € e a detracción de 6 puntos.

Ademais, 30.000 condutores/as foron denunciados no último ano co mesmo importe e a mesma detracción de puntos por circular con máis de 0.50 mg/l de alcol en aire expirado, o dobre da taxa permitida. Tamén foron sancionados/as máis de 20.000 condutores por conducir con presenza de drogas. Esta infracción está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.

Anuncios audiovisuais

Dentro da campaña xeral que a DXT vén realizando sobre os "obxectos máis caros do mundo" para incidir sobre os diferentes factores de risco que máis accidentes provocan, produciuse un anuncio para a súa emisión en medios audiovisuais: "O porro máis caro do mundo. Conducir baixo os efectos das drogas pode custar moito".

Ademais, durante o verán emitiranse varias cuñas radiofónicas nas que se dan a coñecer os efectos que producen as drogas na condución. Tamén se realizarán insercións gráficas en prensa escrita, así como insercións en medios online.

Efectos das drogas na condución

Os efectos do alcol na condución están máis asumidos polos cidadáns que os riscos que implican as drogas, razón pola cal, a DXT aproveita todas as canles de comunicación dos que dispón para dalos a coñecer.

Os condutores/as que cometeron unha infracción relacionada coas drogas ou o alcol, ademais de recibir a resolución da sanción, infórmaselles a través de imaxes e un breve texto dos efectos que estas sustancias provocan na condución.

Fonte: DXT