CAMPAÑA DE REPARTO DE PRESERVATIVOS
11/07/2020
Un ano máis acércase o 24 de xullo, aínda que nesta ocasión a LXXII Singladura (a sinjladura reVIRada) está especialmente marcada pola situación que estamos a vivir, derivada das consecuencias da COVID-19.
Ditas circunstancias determinaron que nesta ocasión, este ano, as actividades que se ían levar a cabo non se vaian a desenvolver, pero a campaña de reparto de preservativos para previr as enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados segue en pé.
Na elaboración desta campaña colaboraron coa asociación o Concello de Ribeira e a Real e Ilustre Cofradía da Dorna, sendo o lema desta singladura:
" Móllate o xusto! SEMPRE CHUVASQUEIRO.
Somos conscientes que agora, máis ca nunca, debemos promover entre toda a cidadanía unha conciencia de responsabilidade individual e social, facendo primar en tódolos ámbitos do noso día a día accións preventivas. Sendo unha área especialmente vulnerable e susceptible de actuacións a que dende esta campaña abordamos co reparto gratuíto de 3.000 preservativos.