Bebidas enerxéticas: o que realmente conteñen

Lata de refresco enrrugada

17/06/2016

Os expertos/as alertan do abuso das bebidas enerxéticas.

A cafeína e o azucre son os ingredientes principais dos enerxéticos e preséntanse en grandes cantidades. Este tipo de bebidas son sintéticas, creadas en laboratorios para conseguir os seus efectos enerxéticos e aínda que algúns compoñentes por si mesmos non son un perigo, si poden selo ao mesturarse coa cafeína.

Agarras a lata e les a lista interminable de ingredientes que non entendes moi ben. Que levará esta bebida enerxética? É, probablemente, o que calquera persoa pensa cando bebe unha. Ademais, o que inclúe adoita darnos a sensación de que é inventado. E así é, posto que algúns dos compoñentes, para conseguir o resultado enerxizante, foron creados en laboratorios químicos. Por isto, os expertos/as advertiron sobre o consumo deste tipo de bebidas desde que se puxeron de moda fai xa hai uns anos.

Todo bebedor/a de enerxéticos que se prece sabe de dous ingredientes indispensables nestas latas: cafeína e azucre. Ambos son ingredientes indispensables para o efecto que crean no corpo e, ademais, atópanse en abundantes cantidades. Por suposto, a preocupación dos expertos/as vai máis aló destes dous compoñentes, o que realmente dispara as alarmas son os ingredientes que os acompañan. Aínda sendo inocuos por si mesmos, a mestura pode ser unha bomba para quen o bebe.

Que hai nestas bebidas? Estes son os ingredientes máis comúns dos enerxéticos.

- Ginseng: É unha herba que se utilizou de maneira tradicional para o tratamento de numerosas doenzas na medicina china. En xeral, crese que aumenta a inmunidade e mellora a saúde xeral de quen o toma. Ademais, adoita ir acompañado por té verde e outros remedios herbais.

Os expertos/as sinalan que as investigacións non apoian estas afirmacións, pero crese que a curto prazo pódese tomar sen ningún tipo de problema. Con todo, o que preocupa é que poida chegar a agravar o impacto da cafeína e aumentar os efectos secundarios desta, como é acelerar o ritmo cardíaco.

- Taurina: É un aminoácido que se atopa en proteínas, carne, peixe ou leite materno e axuda ao corpo a manter a función neurolóxica e regular os niveis de líquidos. Segundo algunhas afirmacións, tomar un suplemento de taurina pode mellorar o rendemento deportivo, pero non hai datos dispoñibles sobre a súa eficacia ou seguridade, sexa como suplemento ou ingrediente destas bebidas enerxéticas. A preocupación tamén ven dada ola mestura coa cafeína, polos efectos no corazón, aínda que tamén existen estudos no que indican que podería contrarrestar algúns dos efectos cardiovasculares da cafeína.

- Guaraná: Trátase dunha herba que a miúdo se utiliza no té como un estimulante e pode ser de orixe natural ou engadido. O seu compoñente principal é a cafeína e asociouse cun aumento de enerxía e unha mellora do rendemento físico. Ainda que ten un certo recoñecemento de “segura" non se sabe con certeza ou que ocorre cando se combina con outros ingredientes.

- Ginko biloba: Supostamente, esta herba aumenta o estado de alerta, pero non hai información consistente respecto diso.

Aínda que se ten empregado nalgunhas condicións medicas pero non hai estudos que falen da mestura con outros dos ingredientes que poden conter estas bebidas enerxéticas ou posibles interaccións con outros medicamentos.

- Carnitina: O noso corpo produce de forma natural carnitina, esta sustancia utilízaa o corpo para converter a graxa en enerxía. Tamén se pode comprar como un suplemento e crese que aumenta o rendemento do exercicio.

- Extracto de café verde: O extracto de café verde crese que é un fármaco de perda de peso "máxico". E chegouse a comercializar en Estados Unidos como tal, cunha investigación falsa incluída para apoiar as súas afirmacións. Pero é outra forma de cafeína (e funciona como tal no noso corpo) e que se adoita aparecer nas bebidas enerxéticas que se venden como "completamente naturais".

Fonte: Las Drogas Info