Aumenta a ludomanía tras a legalización do xogo por internet
15/01/2013
A ludomanía aumentou despois da legalización do xogo por internet e afecta xa a case un 0,7 % da poboación española, segundo o director do Diploma de Especilización Profesional Universitario en Adicción ao Xogo e outras Adiccións Comportamentais da Universidade de Valencia e profesor de Psicoloxía Básica, Mariano Chóliz.
Nun comunicado remitido pola citada universidade, Chóliz explicou que as adiccións están relacionadas directamente coa dispoñibilidade e a accesibilidade, por iso é polo que houbese un incremento nos últimos meses.
A Dirección Xeral de Xogo concedeu licenzas para ofrecer xogo por internet de forma legal, a través dun dominio “.es”, o pasado mes de xuño.
O psicólogo tamén destacou a continua evolución das adiccións tecnolóxicas, debido á incorporación de novas ferramentas que favorecen o seu uso excesivo e a súa dependencia.
Para Chóliz, esta adicción afecta en maior medida a adolescentes, posto que son un colectivo especialmente vulnerable a calquera adicción e, cando se trata de tecnoloxías, “o problema agrávase, posto que eles teñen unha especial querenza por estas ferramentas, das que son nalgúns casos super-usuarios/as”.
Estas e outras adiccións son a materia de estudo do Diploma de Especialización Profesional Universitario en Adicción ao Xogo e outras Adiccións Comportamentais da Universidade de Valencia. Este título, que en España só impártese na Universidade de Valencia, é froito do traballo desenvolvido pola Unidade de Investigación en Xogo e Adiccións Tecnolóxicas do Departamento de Psicoloxía Básica do centro e ten como obxectivo a especialización na avaliación e tratamento das principais adiccións.
Fonte: As Drogas Info