Até o 67% dos consumidores/as de drogas presenta trastornos psiquiátricos graves
25/01/2011
Entre o 43% e o 67% dos consumidores/as de drogas presenta comorbilidade psiquiátrica, é dicir, a coexistencia temporal de dúas ou máis trastornos psiquiátricos ou de personalidade. Os trastornos de ánimo, de ansiedade e de personalidade antisocial son as patoloxías máis frecuentes.
Así o afirmou a Dra. Gemma Garcia-Parés, Xefa da área de hospitalización de adultos, interconsulta e urxencias de Psiquiatría do Servizo de Saúde Mental da Corporación Sanitaria Parc Taulí Sabadell, á sesión Esquizofrenia e Opiáceos, organizada pola Sociedade Catalá de Psiquiatría e Saúde Mental da lAcadèmia de Ciències Mèdiques i da Salut de Catalunya i de Balears.
Segundo o tipo de droga, a porcentaxe de afectados/as varía. Un 67% das persoas adictas a opiáceos presenta comorbilidade con trastorno mental, mentres que os consumidores/as de cocaína preséntano no 54% dos casos e nun 40% os consumidores/as de MDMA, droga coñecida co nome de M ou éxtase.
Os trastornos psiquiátricos (do Eixo I de DSM IV) máis habitualmente presentes son os do estado de ánimo e de ansiedade. En canto ao Eixo II (trastorno de personalidade), o diagnóstico máis frecuente é o de Trastorno da personalidade antisocial.
A Dra. Garcia-Parés explicou que nalgúns casos, os/as pacientes utilizan as drogas para compensar os síntomas, por exceso (hiperexcitación, alucinacións, etc.) ou por defecto (apatía, anhedonia, retracción social, etc.), que son consecuencia da enfermidade. Tamén utilizan estas sustancias para reducir os efectos adversos dos fármacos que toman, como a disforia, a acatisia ou a sedación.
Esquizofrenia e alcohol
En canto ao caso concreto da esquizofrenia, os datos revelan que o 50% de pacientes con esta enfermidade presenta un trastorno por uso de sustancias como o alcohol. E o feito de seguir consumindo droga, é prexudicial para o tratamento. Segundo a Dra. Garcia-Parés, este é “un factor de peor prognóstico na evolución da enfermidade, que aumenta o número de hospitalizacións e empeora o nivel de funcionamento global”.
A Dra. Garcia-Parés tamén destacou que non todos os/as que consomen drogas son igual de vulnerables ante a esquizofrenia. De feito, teñen máis tendencia a desenvolvela aqueles que teñen predisposición xenética, é dicir, antecedentes de familiares con trastornos psicóticos. No entanto, afirmou que “hai drogas que son máis nocivas á hora de facer desenvolver a enfermidade, como a cocaína, metanfetamina, os alucinóxenos ou o alcohol”. E que no caso concreto do cannabis, “sábese que doses potentes desta sustancia avanzan a súa idade de aparición”.
FONTE: AS DROGAS INFO