As mortes por alcohol superan ás xeradas pola VIH/SIDA, violencia e tuberculose

persoa bebendo alcohol

14/05/2015

Os españois beben, de media, uns 9,8 litros de alcohol puro por persoa, por riba da media dos países da OCDE que está en nove litros. No caso das mulleres son as españolas con maior nivel educativo as máis propensas a facer un consumo de risco, mentres que nos homes os máis bebedores son aqueles que teñen menos estudos.

A pesar de ter unha das taxas máis baixas de impostos para tódalas bebidas alcohólicas e unha lexislación moi laxa en canto á regulación de patrocinios, advertencias sanitarias sobre produtos alcohólicos España ten certa tendencia á baixa no tocante ao consumo de alcohol en comparación cos 40 países da OCDE que presenta un descenso do 2,5% nos últimos 20 anos.

Sen embargo, algúns datos globais amosan que hai que prestar atención ao que poida ocorrer nun futuro próximo: xa que a proporción de nenos de 15 ou menos que non tomaron nunca alcohol reduciuse dun 44% a un 30% no caso dos rapaces e dun 50% a un 31% no caso das rapazas dende o ano 2000. Ademais, a proporción de rapaces que experimentaron embriaguez habitual aumentou dun 30% a un 40% (nos rapaces) e dun 26% a un 41% (nas rapazas) no mesmo período.

En termos xerais, as persoas con máis nivel educativo e maior nivel socioeconómico tenden a beber máis. O consumo máis perigoso do alcohol pasou de sela oitava á quinta causa de morte e discapacidade en todo o mundo entre 1990 e 2010, sendo responsable de 3,3 millóns de mortes, polo que xera unha maior proporción de falecementos ca VIH/SIDA, violencia e tuberculose xuntas (2,8%), según datos da Organización Mundial da Saúde (OMS) de 2014. Dende cancro a accidentes pasando por enfermidades cardiovasculares ou hepáticas, así ata 200 son as patoloxías que a OMS vincula a este hábito.

Os estudos amosan claramente que hai tres subgrupos da poboación que son especialmente preocupantes: os rapaces/zas, porque as últimas estimacións amosan que case un 70% se emborracharon sendo menores de idade; as mulleres e os grandes bebedores.

 

As influencias culturais e históricas seguen influíndo no patrón de consumo do alcohol. Por exemplo, o viño consúmese tradicionalmente coas comidas no sur de Europa, e nos países produtores de viño e zonas rurais, mentres que noutros países máis ao norte tenden agora a consumir máis viño como algo de moda.

Sobre un terzo do alcohol inxerido nos países da OCDE, según datos da OMS, é de cervexa, un 8% de viño (que chega ao 25% na rexión europea) e o resto (50%) corresponde ao consumo de bebidas espirituosas ou de outro tipo. Pero esas cifras quédanse curtas porque se estima que un 11% da inxesta total de alcohol non se rexistra.

O impacto social tamén é enorme; son tres os factores vinculados ao alcohol: o crime, a violencia e os accidentes de tráfico.

Unha revisión de estudos europeos estimou o custo do crime vinculado coa alcoholemia na Unión Europea (policías, xulgados, prisións, avogados, dano a propiedade...) nuns 33.000 millóns de euros no 2003 e o asociado aos accidentes de tráfico en 10.000 millóns en el mesmo ano. Estimacións recentes suxiren que a perda de produtividade relacionada coa bebida é dun 1% no produto interior bruto na maioría dos países.

O alcohol é a causa ou empeora máis de 200 enfermidades. Esta carga aumentou durante os últimos 20 anos.

Por estes motivos, entre as metas da OMS atópase a redución do consumo de alcohol nun 10% para 2025 a través do desarrollo e fortalecemento de políticas específicas, como aumentar o prezo das bebidas alcohólicas, lexislacións específicas sobre a condución de vehículos e a prohibición do alcohol e divulgar información sobre os riscos deste hábito.

FONTE DE INFORMACIÓN: El Mundo