As grandes oportunidades para axudar aos demais rara vez veñen, pero as pequenas rodéannos todos os días

Cartel informativo

27/11/2012

A directiva da Asociación Antidroga Renacer agradece a resposta social solidaria mostrada por todas aquelas persoas e entidades como Ambar, Amicos, Cruz Vermella, Cáritas, Asociación Alfaia, Mans Unidas, Fundación Galega contra o Narcotráfico, Amas de Casa, Asociación de Loita contra o Cancro, Centro Pen de Galicia, Club Náutico de Riveira e demais colectivos sociais, e autoridades da comarca que acudiron á cea benéfica celebrada o pasado sábado 24 de novembro, así como a todos aqueles/as, que ao non poder asistir, contribuíron coas súas achegas á Fila Cero.

Tamén quere mostrar un especial agradecemento ao concello de Riveira, á empresa Frinsa del Noroeste pola súa xenerosa contribución, e demais empresas e establecementos comerciais que doaron diversos obxectos para o sorteo:

A Voz de Galicia, Conserveira de Rianxo, SANYG Artes Gráficas, Librería Sanyg, Perruquería Manuel Vilarey, Biohabitat, Rincón Benzalá, Alalba Moda Muller, Cristalería Otero, Lencería Vensuca, Greco Perfumaría, Makao Complementos, Covering, Floraría Amigo, Xoiería Blanco, Electrodomésticos Jesús Santiago, Initel Informática, Libraría Mirás, Electrodomésticos Martínez Blanco, Ferraxería Mariano, Gloss, Bazar de Oujo, Corner, El Bosco, Complementos Velvet, Marita´s Decoración, Electrodomésticos Sampedro, Tricoco, Xade, Vinoteca de Tucho, E.S. Agro do Forno, Viaxes Fontao Travel, Frinsa del Noroeste, Fiandeira do Rueiro, Xoiería Montero, Lesmes Fotógrafos, Librería El León, Iluminación Rey Laranga, Supermercados Gadis, Xoiería Nespereira, Óptica Martínez, Rincón do chocolate, Xanela, Gena´s, Perruquería Destellos, KI-OM: Josefa Patiño, Academia Yara, Floristerrae, Zaloi, Panadería Falcón e Perruquería Celeste

Estas achegas e as dos socios/as, serán de gran axuda para paliar os recortes, que debido á crise estamos a sufrir por parte da administración, e grazas a elas esperamos seguir mantendo a totalidade dos nosos servizos e programas.

Grazas a todos e todas, que tanto directa como indirectamente, facedes posible que sigamos desenrolando a nosa labor.