“Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”

Cartel informativo

17/11/2015

A Asociación Renacer puxo xa en marcha “Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”, correspondente ó curso 2015-2016, nos centros educativos do Concello de Riveira.

A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.

Polo tanto, a escola é un escenario clave para realizar intervencións de promoción da saúde. O obxectivo da prevención neste ámbito é que os alumnos/as consigan o maior grao posible de saúde a partir da adquisición de coñecementos e habilidades que favorezan o desenvolvemento de estilos de vida saudables dende unha perspectiva integral, a nivel intelectual, afectivo e social.

Neste sentido no programa, non só se recollen accións dirixidas directamente a frear o consumo de drogas, senón tamén actuacións sobre as variables que están relacionadas co inicio, progresión e mantemento no consumo. Outro campo fundamental adolescencia é o referido as relacións afectivas, polo que se contemplan intervencións encamiñadas á promoción dunha vivencia saudable da sexualidade. Nesta edición vaise seguir trballalando cas novas é debido ó auxe das novas tecnoloxías, vaise implementar actuacións dirixidas a prevención dun uso problemático das mesmas.

Como me relaciono … cas novas tecnoloxías

Obradoiro de prevención dos riscos derivados do uso inadecuado das novas tecnoloxías. Diríxese ó alumnado de 1º da ESO. O obxectivo xeral é previr o uso inadecuado das novas tecnoloxías, a través das formación e as ferramentas axeitadas para que os/as adolescentes sexan capaces de identificar os riscos e a forma de afrontalos.

Como me relaciono … co tabaco, alcohol e cannabis

Obradoiro de prevención do consumo de tabaco, alcohol e cannabis a través das habilidades sociais. Diríxese ó alumnado de 2º da ESO. O obxectivo xeral é informar os/as adolescentes sobre as drogas (alcohol, tabaco e cannabis) e os seus riscos, fomentando a análise crítica a través do aprendizaxe de habilidades, valores, normas e actitudes.

Como me relaciono … cos/as demais

Obradoiro de educación afectivo-sexual, prevención de embarazos non desexados, ITS e VIH-SIDA. Dirixido ó alumnado de 3º da ESO. O obxectivo xeral é fomentar unha vivencia pracenteira e saudable da sexualidade e que estableza relacións interpersoais gratificantes e non discriminatorias.

Como me relaciono … cas drogas

Obradoiro de prevención de do uso/abuso de drogas e outras condutas adictivas. Dirixido ó alumnado de 4º da ESO. O obxectivo xeral é Informar sobre as drogase outras condutas adictivas fomentando a aprendizaxe de habilidades, valores, normas e actitudes, facilitando o pensamento crítico e a toma de decisións saudables.