“Aprendendo a crecer: Programa de adestramento en habilidades de vida e promoción da saúde”
26/10/2018
Nun intento por mellorar e ser máis efectivos nas intervencións preventivas, no curso 2017-18, decidiuse dar un xiro o programa que vimos desenvolvendo desde hai tempo en secundaria e darlle una maior peso e espazo nas intervencións ás habilidades para vida. polo que dende Renacer puxemos me marcha o programa “Aprendendo a crecer: Programa de adestramento en habilidades de vida e promoción da saúde”.
Nesta segunda edición do programa, correspondente ó curso 18-19, seguirase afondando nos contidos que se comezaron a traballar na edición pasada e no adestramento de habilidades inter e intrapersoais que conduzan ós mozos e mozas un incremento da autoestima e a un mellor manexo das situacións sociais. Pártese do suposto de que mellorar nos/as adolescentes a súa competencia persoal e social pode reducir o inicio, retrasar ou diminuír o consumo de drogas e/ou outras conductas de risco.
A susceptibilidade ante as influencias negativas da contorna poden reducirse aumentando a autoestima, o autocontrol e a autoconfianza do/a adolescente para alcanzar unha serie de obxectivos e metas na vida incompatibles co consumo. A adquisición dunha serie de habilidades persoais e sociais adecuadas xogan un papel moi importante no axuste psicolóxico e no desenvolvemento psicosocial do adolescente
Levarase a cabo o adestramento directo en técnicas de afrontamento a presión dos/as iguais e compleméntase con intervencións encamiñadas a incrementar a competencia individual do suxeito a través da adquisición de habilidades inter e intrapersoais que conduzan a un mellor manexo de situacións sociais e a un incremento da autoestima e a autoconfianza.
O programa pretende, ademais, promover o coñecemento dos/as adolescentes en tres áreas fundamentais cara a promoción da saúde: uso responsable das TICS, consecuencias do consumo de drogas, sexo seguro e prevención das ITS e VIH-SIDA. Estruturase en tres sesións de 100 minutos cada unha cunha periocidade semanal.
Volverase a realizar medidas pre e post para coñecer o nivel de coñecementos do alumnado, ademais dunha valoración final de satisfacción co programa. O remate do curso escolar elaborase un breve informe cos resultados da medidas e unha valoración do programa que se entregará os centros participantes.
As intervencións levaranse a cabo nos centros educativos do Concello de Riveira e do Concello de Porto do Son e estímase que chegará a uns 2.400 rapaces/as.
A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.Polo tanto, a escola é un escenario clave para realizar intervencións de promoción da saúde.