APRENDENDO A CRECER

Aprendendo a crecer

26/10/2021

Coincidindo co curso escolar, a Asociación antidroga Renacer, vai desenvolver entre os meses de outubro do 2021 e xuño do 2022, o programa "Aprendendo a crecer: programa de entrenamento en habilidades para a vida e promoción da saúde" co alumnado dos catro cursos da ESO e Formación Básica, de tódolos centros educativos de Ribeira e Porto do Son.

O programa vai dar continuidade ó traballo levado  a cabo en ediccións anteriores e pretende fomentar o desenvolvemento das competencias persoais, emocionais e sociais co obxectivo de facer fronte a situacións potencialmente difíciles, dentro do ámbito escolar, familiar e social. A premisa de partida é que a mellora, na adolescencia, das competencias persoais e sociais pode retrasar, reducir e impedir o inicio de conductas de risco, como poden ser o consumo de substancias, abuso de pantallas.

A todo o anterior, hai que engadir a situación á que nos enfrentamos derivada da pandemia provocada polo COVID-19, e as características deste desastre global que inciden de xeito directo e indirecto na saúde humana; debido á exposición continuada e acumulativa a estresores e eventos de natureza traumática, o que xera unha maior vulnerabilidade a padecer estrés. Sendo a poboación máis nova especialmente sensible e vulnerable debido, entre outros factores, a que o seu cerebro se está desenvolvendo e polo tanto é máis susceptible ó impacto das experiencias.

Os talleres vanse desenvolver por niveis e están estructurados en tres sesións de 100 minutos cada unha, en tódolos grupos a primeira das sesións profundiza no autoconcepto e control emocional ( autoestima, expresión das emcións, manexo da ira, imaxe persoal); na segunda as habilidades de interacción social e solución de problemas (comunicación, empatía, asertividade, presión grupal) e na terceira abórdanse uns contidos específicos. En primeiro da ESO o manexo responsable das Novas Tecnoloxías (as novas formas de relación social, xestión do ocio a través das redes e o xogo on line); en segundo e cuarto da ESO as consecuencias do consumo de substancias, adiccións sen substancia e os efectos e riscos das bebidas enerxéticas; en terceiro da ESO os contidos específicos abordan a sexualidade e prevención de Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) e prevención de VIH-SIDA.