Os españois atópanse entre os/as cidadáns da Unión Europea que abusan do alcohol con máis frecuencia.

vaso de cervexa

22/04/2010

O 34% dos/as españois confesa beber cinco ou máis copas ó día (limiar utilizado por Comisión para definir o consumo excesivo) polo menos unha vez por semana, fronte ó 29% de media comunitaria, segundo unha enquisa do Eurobarómetro.

Irlanda é o país da UE con maior porcentaxe de cidadáns que bebe excesivamente cada semana (44%), seguido de Romanía (39%), Alemaña e Austria (36%). Reino Unido e Grecia están ó mesmo nivel que España (34%). En contraste, só o 11% dos letóns/as e o 13% dos suecos/as admite abusar do alcohol con frecuencia.

Paradoxicamente, España é un dos estados membro con maior porcentaxe de abstemios/as (32%), superado unicamente por Portugal (42%), Italia (39%) e Hungría (35%). A media de persoas que nunca bebe alcol na UE sitúase no 24%. No outro extremo da clasificación atópanse daneses/as (só un/ha 7% declárase abstemio/a) e suecos/as (10%).

Aínda que o abuso frecuente do alcohol afecta a todos os grupos de idade, predomina entre os mozos/as de 15 a 24 anos (33% de media na UE). Polo tanto, están máis expostos/as ás consecuencias da ebriedade, como accidentes de tráfico ou violencia.

O consumo cotiá de alcohol tamén é especialmente frecuente entre os/as maiores de 55 anos (25%), o que pode aumentar o risco de enfermidades crónicas.

Seguimos infravalorando o risco ó volante

Segundo o Eurobarómetro, os condutores/as españois tenden a minimizar os riscos do alcohol ó volante. Así, aínda que a maioría dos enquisados/as considera que é perigoso conducir tras beber, o 24% (10 puntos máis que a media europea) confesa que conduciría tras beber máis de dúas copas en dúas horas. Esta sería unha cantidade suficiente para presentar unha taxa de alcoholemia que supera o límite legal.

Ademais, a maioría dos/as españois (66%) non deu a resposta correcta cando se lles preguntou polo límite de alcol en sangue co que está permitido conducir (0,5 gramos por litro).

Na UE, o consumo abusivo de alcohol é a terceira causa máis importante de enfermidade, responsable de 195.000 mortes ó ano. O custo económico estimado é de 125.000 millóns de euros ó ano.

 

FONTE: O MUNDO SAÚDE