Alcohol, Drogas e Uso Problemático de Internet entre Adolescentes do Concello de Riveira

Portada do estudo

06/05/2016

A continuación presentamos os resultados do estudo que se levou a cabo, a través dun acordo de colaboración entre a Asociación Renacer e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O estudo, titulado “Modelización do consumo abusivo de alcol en adolescentes: variables predictoras, comorbilidade, perfís de risco e validación dun programa de prevención”, forma parte dun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que actualmente se atopa súa segunda fase, na que se pretende facer un screening (cribado) do consumo de alcol e outras drogas por parte dos/as estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Medios e analizar as claves ou variables subxacentes, para posteriormente deseñar programas de prevención realmente eficaces.

Ademais, este estudo permítenos coñecer os datos r irá a cada centro educativo (e o Concello no seu conxunto) dispor de datos, sobre o uso problemático de Internet e as redes sociais, un tema que tamén está a suscitar moita preocupación social e que está relacionado co consumo de sustancias.

Obxectivos:

- Coñecer os niveis de consumo de alcol e outras drogas entre os adolescentes, así como os hábitos de uso de Internet, as redes sociais e as Novas Tecnoloxías (NT), estimando os niveis de risco subxacentes.

- Identificar factores de prognóstico que orienten o traballo a nivel preventivo.

Mostra:

- 948 adolescentes (461 homes e 487 mulleres), con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos (Media: 14,41; SD: 1,71), correspondentes aos centros: IES Nº1, Colexio A Milagrosa-Josefa Sobrido, Colexio Sagrado Corazón de Jesús, Colexio Galaxia e CPR Baión.

- 189 de 1º de ESO, 190 de 2º de ESO, 193 de 3º de ESO, 150 de 4º de ESO, 137 de 1º de Bacharelato e 89 de 2º de Bacharelato.

Instrumentos:

- Cuestionario ad hoc composto por preguntas extraídas da Enquisa Estatal sobre Uso de Drogas en Estudantes de Ensinos Secundarios (ESTUDES) -elaborado polo Plan Nacional sobre Drogas- e o European School Survey Project on Alcol and Other Drugs (ESPAD).

- Incluíronse tamén dúas ferramentas específicas de screening: o Alcol Use Disorders Identification Test (AUDIT) e o Cannabis Abuse Screening Test (CAST).

- Respecto de Internet utilizáronse preguntas extraídas do Proxecto Mocidade Online e a Escala de Uso Problemático de Internet en adolescentes (EUPI-a).

Conclusións:

Uso Problemático de Internet

Hábitos de uso de Internet na mocidade de Ribeira

- O 81,5% dos alumnos/as do centro conéctanse a diario a Internet e o 28,9% recoñece que inviste niso máis de 5 horas diarias. O 85,4% dispón de teléfono móbil con conexión a Internet e o 97% son usuarios/as de Whatsapp.

- O 91,8% está rexistrado en polo menos unha rede social e o 66,5% en tres ou máis, detectándose un cambio de tendencia: Instagram (78,8%), Facebook (61,9%) e Snapchat (61,8%).

- O 49,6% adoita levar o móbil a clase todos ou case todos os días, dos cales 1 de cada 10 (10,4%) recoñece ter problemas cos/as profesores/as por este motivo.

- Un 44,5% tivo discusións en casa polo uso de Internet ou do móbil, mentres que o 74,6% informan de que os seus pais/nais controlan “pouco ou nada” o uso que fan deles.

- 1 de cada 5 (21,5%) presenta un uso problemático de Internet, cifra lixeiramente superior que a media de Galicia e algo maior entre as mozas que entre os mozos.

Prácticas de risco de Internet na mocidade de Riveira

- As prácticas de risco na Rede presenta niveis moi similares aos acadados para o conxunto de Galicia

- Aínda así compre destacar que 13,8% dos mozos/as (uns 130 casos) chegaron a quedar en persoa con alguén que só coñecía a través da Rede, o que supón un caldo de cultivo perigoso para o groming.

Consumo de alcohol e outras drogas:

Hábitos de consumo de alcohol na mocidade de Riveira

- Os niveis de consumo de alcol aseméllanse aos obtidos para o conxunto de Galicia e son maiores entre as mozas que entre os mozos. Máis da metade dos/as adolescentes (51,7%) declaran consumir alcol no último ano e 1 de cada 3 (29,3%) no último mes. O mesmo pode dicirse respecto de haberse emborrachado (27,9% e 11,4%), o consumo de tabaco (25,1% e 17,8%) e de cannabis (15% e 8,1%).

Variables asociadas ó consumo de alcohol na mocidade de Riveira

- A análise das posibles variables asociadas revela que o consumo de alcol e sustancias está modulado sobre todo polas expectativas positivas ligadas ao consumo, aínda que tamén pola impulsividade ou o consumo na contorna familiar e entre iguais.

Comparativa

- Máis aló destas variables, factores como a hora de chegada a casa e o diñeiro dispoñible constitúen dous predictores clave sobre os que é necesario incidir a nivel familiar.

- Por último, constatouse unha prevalencia lixeiramente maior de consumos de risco entre os que presentan un Uso Problemático de Internet.