Adolescente, de familia ben avenida, e consumidor/a

Mozo en monopatín

25/09/2012

Nin fillos/as de familias con poucos recursos nin de matrimonios rotos. Sen dúbida, o perfil do mozo/a que se inicia nas drogas está a cambiar. É máis, a diferenza de décadas atrás, o mozo/a con problemas de adicción presenta un perfil normalizado e o seu problema adoita pasar inadvertido ata que se agrava. Xunto a este aspecto, a Francisco Recio, director xeral de Proxecto Home, tamén lle chama poderosamente a atención “o pouco risco que perciben” e “ o cedo que comezan a consumir sustancias”.

Unha idade que a última Enquisa Estatal sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios sinala nos 14 anos. Conscientes desta nova situación, e despois de que numerosas familias “normais” pero moi preocupadas polo comportamento dos seus fillos/as achegásense a Proxecto Home, a ONG decidiu lanzar unha web www.escueladefamiliasph.org, coa que pretende dar resposta a esta circunstancia. “Cada vez recibimos nos nosos centros máis casos de pais coa sospeita de que os seus fillos/as poidan estar a se iniciar ou simplemente achegándose ao mundo das drogas”, advirte Recio.

Distintos síntomas

O máis importante é que a familia estea formada para detectar se a droga entrou en casa. En que se poden basear os pais e nais? Antonio J. Molina, director do Centro de Formación e Estudos da Asociación Proxecto Home, sinala tres craves para a detección do problema. “Unha de comportamento, onde se pode presentar alteración do soño, dos hábitos de alimentación, desorde de horarios, ou abandono das tarefas de casa ou do colexio. Outro factor máis emocional, que levaría irritabilidade, aplanamento emocional, agresividade ou illamento. E un terceiro xa puramente fisiolóxico, que comportaría presenza de cheiro a alcol ou a tabaco, as pupilas excesivamente dilatadas ou contraídas, o arroibamento, inchazón ou irritación dos ollos, así como rixidez muscular ou movementos espasmódicos”. “Non se teñen que dar todos, pero unha combinación de varios pode ser un sinal que anuncia o consumo dalgunha sustancia psicoactiva”, engade Molina.

En Proxecto Home apostan por fortalecer os lazos familiares para previr

Para non chegar a este punto o mellor sería, indican ambos os expertos/as, previr desde o fogar. Neste sentido, a “Escola de Familias na Rede” de aposta por fortalecer os lazos familiares, desenvolver unha disciplina familiar adecuada, con normas e límites, proporcionar proximidade, apoio e trato afectuoso aos fillos/as, supervisar as súas actividades e relacións sociais e demostrar unha conduta e unha actitude preventiva e consecuente fronte ao consumo de drogas.

Fonte: Las drogas info