ADICCIÓNS E CORONAVIRUS

Coronavirus

01/04/2020

Expertos en adiccións advirten que o confinamento decretado polo actual estado de alarma podería incrementar o risco de que as persoas a tratamento por algunha adicción teñan unha recaída debido a situación que estamos a vivir.

Como explica Gloria González, especialista do centro ITA Adiccións, o aburrimento e a frustración son uns dos motores de risco para que unha persoa con adicción repita esas conductas.

Así mesmo, o illamento e todas as medidas preventivas están removendo moitas emocións como a tristeza, o que pode provocar que afloren certas emocións internas que aumenten o malestar e aumentar o risco da recaída.

De feito as persoas que aínda están a tratamento son máis vulnerables xa que están en proceso de cambio, e a falta de rutina na que estaban inmersos cos seus grupos de terapia e as súas actividades pode producirlles desestabilización, e como consecuencia, aumentar o risco da recaída.

CONSELLOS PARA CONTROLAR A POSIBLE RECAÍDA

Gloria González e Rafael Quinto entre outros expertos de conductas adictivas, aportan unha serie de consellos para controlar posibles impulsos de consumo durante este período.

O fundamental, en todo caso, é "PEDIR AXUDA" coller o teléfono, facer uso da vídeo chamada e chamar a algún compañeiro/a do grupo de terapia ou ó/á profesional (o psicólogo/a, terapeuta que o está tratando, e comentar SEMPRE as ganas de consumir ou ideas de consumo).

O feito de poder falar con alguén e que ese alguén valide o sentimento que está tendo o/a paciente pode resultar moi importante. Eses compañeiros/as ou especialistas pódenlle dicir o que hai despois dese consumo e iso vai frear á persoa en risco de recaída.

Fonte: Infosalus