ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA EN ADOLESCENTES. CAL É A SITUACIÓN ACTUAL?

Adiccións con e sen substancia

09/08/2021

As adiccións con e sen substancia constitúen un dos principais problemas de Saúde Pública que afectan ós/ás adolescentes españois. A pesares de que os datos recollidos na última Enquisa Estatal sobre uso de Drogas na Ensinanza Secundaria (ESTUDES 2018- 2019) sinalan unha discreta diminución do consumo dalgunhas substancias, os índices de consumo continúan situándose en cifras preocupantes. O alcohol é a substancia psicoactiva máis consumida. O Informe 2020 da enquisa ESTUDES advirte dun estancamento case “endémico”, xa que en ningún intre da serie histórica o consumo nos últimos 12 meses se situou por debaixo do 72%. Persiste, ademais, un patrón de consumo intensivo ou en forma de atracón, coñecido no ámbito anglosaxón como Binge Drinking, caracterizado pola inxesta de elevadas cantidades en cortos períodos de tempo e cuxos efectos no organismo e, en particular, nun cerebro en pleno proceso de maduración poden ser devastadores. A nivel comportamental tamén se demostrou que os/as adolescentes con este patrón de consumo presentan unha maior probabilidade de iniciarse no consumo doutras substancias, con consumos de risco ou incluso unha posible dependencia na idade adulta.

En España, un 32,3% dos/as adolescentes sinalan que practicaron o Binge Drinking nos últimos 30 días e un 24,3% manifesta que se emborrachou. Outro elemento que preocupa é a idade na  que comezan a consumir alcohol que, según a última edición da enquisa ESTUDES, sitúase nos 14 años. Non obstante, estudos como o de Rial et al suxiren que o feito de ampliar o marco mostral ós 12-18 anos deriva nun “axuste á baixa” en ditas idades de inicio, o que situaría a idade media á que os/as adolescentes españois comezan a consumir alcohol nos 13,4 años. Unha idade de inicio temperá, ademais de asociarse cunha maior probabilidade de desenvolver un consumo abusivo ou trastorno por consumo de alcohol, asóciase tamén cunha maior probabilidade de consumir outras substancias, provocando serias consecuencias a nivel neurocognitivo e unha peor calidade de vida. Por último, convén destacar que o 52,3% dos/as adolescentes que a día de hoxe consomen alcohol no noso país son mulleres, o que supón unha preocupación engadida, xa que as mulleres son máis vulnerables ós danos producidos polo alcohol, polo que non é de extranar que a morbilidade atribuíble aumentara de maneira máis pronunciada entre elas nas últimas décadas. A segunda substancia máis consumida entre os/as estudantes é o tabaco. A última edición da enquisa ESTUDES segue a revelar aínda cifras preocupantes: o 41,3% dos/as estudantes de 14 a 18 anos fumaron tabaco algunha vez na súa vida, o 35% no último ano e o 26,7% nos últimos 30 días. Aproximadamente un terzo fixéronmo a diario, un punto por encima do valor rexistrado no 2016. Por outra parte, un inicio temperá do tabaquismo asociouse cunha maior dependencia á  nicotina a longo prazo e unha maior dificultade para deixar de fumar, ademais de con múltiples alteracións fisiopatoloxicas. Pola súa parte, o cannabis é a terceira substancia psicoactiva que máis consomen os/as adolescentes españois. Tanto a porcentaxe de xoves que consumiu esta substancia algunha vez nos últimos 30 días, como o de aqueles que  tiveron un consumo diario durante ese mesmo período, segue unha tendencia ascendente dende o ano 2014, situándose no 2018 nun 19,3% e un 2,3%, respectivamente. No 2018 empezaron a consumir cannabis 222.000 estudantes, sendo por primeira vez maior a incidencia en rapazas que en rapaces  (112.600 fronte a 109.600). Preocupan tamén os patróns de consumo, entre os que destaca o uso popularizado das cachimbas ou a temperá idade de inicio, que se sitúa nos 14,9 anos. Os expertos alertan non só das consecuencias para a saúde asociadas a un inicio precoz, senón tamén da súa relación co policonsumo e con diferentes conductas de risco. Asimesmo, nos últimos anos viuse incrementado o consumo entre os/as adolescentes doutras substancias como o éxtases, as anfetaminas e a metildioximetanfetamina (MDMA), chegando, no caso do éxtases, a duplicarse no 2018 a taxa de consumidores respecto ó 2014. A todo isto hai que engadir que o fenómeno das adiccións está adquirindo unha complexidade progresiva, debido ó crecemento das denominadas “adiccións sen substancia”, que engloban dende o “Uso Compulsivo ou  Uso Problemático de Internet e as Redes Sociais”, ata a adicción ós videoxogos ou ó xogo. No 2013 a American Psychiatric Association (APA), na quinta versión do seu manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais (DSM-V), deixou de consideralas como un trastorno do control de impulsos para consideralas como trastornos aditivos. Non obstante, aínda que non se pon en dúbida o avance que esto supón, o DSM-V fai  referencia unicamente ó xogo patolóxico e a Internet Gaming Disorder, incluíndo este último na Sección III, xunto a outras categorías que precisan de maior evidencia clínica. No referente ó xogo, pese a ser esta una actividade restrinxida a maiores de 18 anos, os datos oficiais indican que un 10,3% dos menores apostaron online no transcurso do  último ano e un 22,7% de maneira presencial. Por outro lado, o uso de videoxogos esténdese ó  96% dos adolescentes varóns e ó 69% das mulleres, estimándose a prevalencia dun posible trastorno por uso de videoxogos en torno o 6,1%. Non obstante, si ben a Organización Mundial da Saúde decidiu incorporar na nova edición da Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE-11) o “Trastorno por Uso de Videoxogos” ou Gaming Disorder, segue existindo unha enorme controversia ó respecto. Expertos como Kardefelt-Winther sinalan que realmente non se puido evidenciar con rigor os seus efectos sobre a saúde e o  benestar mental dos/as menores, polo que recomendan non caer no erro de patoloxizar calquera consumo ou uso disruptivo e poder  evitar o sobrediagnóstico. En canto ós problemas relacionados co uso de Internet e as redes sociais, a heteroxeneidade terminolóxica fai difícil comparar e integrar os resultados das distintas investigacións. A enquisa ESTUDES emprega o termo “Uso Compulsivo de Internet” e sitúa a súa  prevalencia en torno ó 20%. Sen embargo, Baz-Rodríguez et al optan polo termo “Uso Problemático de Internet” (UPI) e informan de prevalencias cercanas ó 39%, cifra similar a que se atopou nos países asiáticos. En calquera caso, as consecuencias para a saúde asociadas ó uso de Internet veñen sendo, dende fai anos, obxecto de estudo a nivel mundial, advertíndose que un uso problemático asóciase cunha maior probabilidade de sufrir alteracións da saúde mental e unha menor calidade de vida.

FONTE: Revista especializada de Salud Pública