ADICCIÓNS COMPORTAMENTAIS
10/03/2023
A orixe multicausal das adiccións comportamentais xunto cas diferentes áreas e aspectos que afectan requiren plantexar unha intervención das problemáticas dende unha perspectiva integral e integradora, contemplando aspectos biolóxicos, psicolóxicos e sociais.
As intervencións na poboación adolescente, a cal está en plena maduración cerebral e proceso de cambio (identidade, relacións, personalidade...) precisan ter en conta as posibles flutuacións que durante as intervencións poidan producirse.
Débese ter en conta que, en moitas ocasións a conduta adictiva é a punta do iceberg, sendo o que se observa como problema ou síntoma; pero que en moitas ocasións está eclipsando outras problemáticas que se deben abordar. Nalgunhas ocasións, as adiccións comportamentais (xogos de apostas, xogos en liña, uso compulsivo das redes) son estratexias non adaptativas de afrontamento para tentar resolver limitacións ou carencias dun mesmo/a, situacións vitais problemáticas ou traumáticas.
O obxectivo será abordar o problema na súa globalidade, atendendo a todos os factores implicados no inicio, evolución e mellora, xunto co plantexamento final de mellorar o funcionamento de tódalas áreas da vida diaria, que permita unha boa saúde mental e benestar emocional da poboación adolescente.
Resulta imprescindible traballar coa familia (ou titores legais) para acadar os mellores resultados, abordando tanto o impacto que a conduta adictiva ten na familia como as dinámicas familiares que inflúen na posible evolución da conduta adictiva, fomentando unha parentalidade positiva que promova vínculos afectivos estables que permitan establecer unhas relacións familiares sas.
Tamén hai que traballar co entorno educativo e social máis próximo, co obxectivo de favorecer ou recuperar o seu desenvolvemento persoal en estos ámbitos, que lles permitan sentirse persoas integradas nos seus entornos comunitarios.
FONTE: Gemma García, experta en adiccións.