ADICCIÓN Ó XOGO EN MENORES: Un problema crecente

Apostas deportivas

08/10/2019

Nos últimos anos, existe unha preocupación crecente ante o incremento no número de menores adictos ós xogos de azar e apostas (principalmente as apostas deportivas)

Numerosos expertos destacan o papel de Internet e as novas tecnoloxías como facilitadoras do acceso a este tipo de xogos entre os adolescentes. De xeito agora hai novos videoxogos que comezan a incorporar elementos propios dos xogos de azar e de apostas, unha converxencia que, xunto cunha publicidade intensa que asocia estas actividades co ocio e o entretemento, poderían estar influíndo no desarrollo de xogo problemático entre a xuventude e adolescencia, cada vez máis visible e alarmante.

Dende que no 2.011, entrara en vigor a Lei de Ordenación do xogo e se autorizase o xogo online, os xogos de azar creceron a un ritmo precipitado.

Según os datos da Dirección Xeral de Ordenación do xogo, os tipos de xogo máis habituais entre a poboación son as apostas deportivas cun 64,9 % seguido dos xogos de cartas con diñeiro ( 17,2%) e dos videoxogos (15,9%).

A elevada dispoñibilidade e accesibilidade ós xogos de azar e apostas causa unha gran preocupación pública en relación ó aumento dos problemas relacionados cos mesmos entre a poboación de adolescentes. Dita preocupación está avalada por datos recentes que amosan unha implicación crecente por parte dos/as adolescentes en diversos xogos de azar, pese a estaren prohibidos nos menores de 18 anos.

A popularidade da tecnoloxía dixital nas actividades de ocio e entretemento, e a falta de deficición de límites entre algúns tipos de xogos de azar e videoxogos, poden contribuir á súa normalización, considerándoas actividades adecuadas e aceptadas.

Outro fenómeno que adquire cada vez máis relevancia nos videoxogos, son os xogos competitivos ou eSports, que introducen a posibilidade de apostar por xogadores que aparecen nas competicións.

Non esquezamos o efecto da publicidade do xogo nos medios de comunicación e a expansión de espacios de xogo, que de forma paralela  á aparición de novos modelos de videoxogo contribúen a que nenos e adolecentes consideren o xogo como unha actividade de ocio acepatable. Así a publicidade pode constituir un risco notable para os menores que reciben este tipo de mensaxes comerciais e dispoñen de fácil acceso ás plataformas de xogo online.

Datos do Consello Audiovisual de Cataluña, indican que o 45,3% dos anuncios de xogos e apostas online soen emitirse en dez das televisóns estatais, durante un horario protexido para os menores, sendo unha das técnicas máis utilizadas, o emprego de personaxes famosos ou ídolos dos máis xóvenes.(Datos recollidos no 2.019)

Atendendo a todo o anterior, e considerando a especial vulnerabilidade dos nenos e adolescentes ós problemas de adicción, é prioritario emprender medidas para previr e poder evitar a súa exposición ós xogos de azar e apostas. Ditas intervencións preventivas terían que orientarse a poñer en marcha estratexias de ocio responsable e verdadeiramente saudable, evitando a identificación dos xogos de azar como actividades de baixo risco.

O novo Plan de  Acción sobre Adiccións 2.018-2.020, aprobado pola Conferencia sectorial sobre Drogas, xa incorpora como unha prioridade o xogo patolóxico, prestando especial atención ós menores de idade e a súa protección.

FONTE: Consello Xeral da Psicoloxía de España