Actos do vixésimo aniversario de Renacer

Cartel informativo

02/11/2010

Dentro do actos programados dende a nosa entidade con motivo da conmemoración do vixésimo aniversario, vanse desenvolver dúas mesas redondas. Ámbalas dúas terán lugar no Ateneo Valle-Inclán, ás 20:00 horas, no trasncurso deste mes.

A primeira delas, será o vindeiro 5 de novembro. Baixo o título: “Renacer: 20 anos de historia”, abordaranse aspectos relacionados coa creación e posta en marcha da entidade, nun momento en que as drogas eran un dos problemas que máis preocupaban aos cidadáns e se tentaba dar resposta a este grave problema sanitario e social, e como evolucionou a asociación ó longo deste vinte anos. Contaremos ca presenza de:

  • Juan Fernández de Sanmamed (Ex-presidente da asociación).
  • María González Suárez (Presidenta da asociación).
  • Olegario Sampedro López (Vicepresidente da asociación).

A seguinte mesa redonda terá lugar o vindeiro 26 de novembro. Baixo o título VIH-SIDA: dúas realidades", analizarase, por unha banda, a evolución dos diagnósticos, tratamentos, ....das persoas infectadas de VIH-SIDA ó longo destes últimos anos na nosa comunidade e, por outra banda, tamén se analizará a realidade dos nenos e nenas infectados/as de VIH-SIDA no continente africano. Para este acto contaremos ca presenza de:

  • María José Garabán Rebollido (ATS, especialista en saude mental, do Servizo Municipal de Drogodependencias).
  • Marian Rodríguez Blanco (Pediatra do Hospital Comarcal da Barbanza e cooperante en Médicos Sen Fronteiras).

Invitamos a toda a poboación a asistir a estes actos.