A Unión Europea ponse firme ante o tabaco

Paquete de cigarros

28/12/2012

A Comisión Europea ha presentado a súa proposta para reformar a Directiva sobre o Tabaco que inclúe unha nova batería de prohibicións e endurece aínda máis o acceso a estes produtos e a súa venda. O novo comisario de Sanidade, Tonio Borg, estréase no seu cargo cunha ambiciosa proposta que, entre outras medidas, obrigará a cubrir nun 75% da superficie dos paquetes con mensaxes de advertencia e imaxes cos efectos que provoca este nocivo hábito.

O texto tamén propón a prohibición de aditivos como a vainilla ou a canela, "que fan o produto máis aditivo e daniño", segundo a Comisión. Tamén prolonga a prohibición do tabaco masticable en todo o territorio comunitario salvo en Suecia, que negociou unha exención cando entrou na UE, e estende a obrigación de incluír advertencias sobre os riscos á saúde aos cigarros electrónicos, un novo produto que escapaba á directiva sobre o tabaco existente.

No referente a ingredientes, a nova directiva propón prohibir os produtos que conteñen aditivos e outros ingredientes que fan os cigarros máis aditivos. "Os cigarros que saben a vainilla ou chocolate fano máis apetecible aos mozos/as", defendeu o novo comisario europeo de Sanidade.

Os paquetes e cartóns de tabaco deberán ter polo menos un 75% da súa superficie destinado a mensaxes de advertencia e imaxes cos efectos que provoca o seu consumo. "A actual información sobre composición e contido de nicotina e monóxido de carbono é substituída por unha mensaxe nun lado do paquete", dixo o comisario. Até agora só 10 países da UE, entre eles España, incluían imaxes nos paquetes e agora Bruxelas proponse converter esta práctica en obrigatoria. Esta nova norma supón que as marcas terán só un 25% da superficie do paquete para facer publicidade e colocar o nome comercial.

A Comisión Europea advertíu de que case 700.000 persoas morren cada ano en Europa polo consumo de tabaco e preto da metade dos fumadores/as ten unha media de 14 anos menos de vida. Atallar este hábito obriga a centrarse especialmente na poboación nova, xa que o 70% empeza a fumar antes dos 18 anos e o 94% antes dos 25.

"A longo prazo esta directiva conseguirá que o tabaco sexa menos atractivo e por tanto reducirá o número de persoas que comezan a fumar", afirmou Borg nunha rolda de prensa. "O Goberno beneficiaranse da mellora da saúde da súa sociedade".

O alcance da directiva é ambicioso aínda que a Comisión rebaixouno respecto da idea inicial coa que traballaba e que propoña mesmo prohibir a venda de tabaco a través de máquinas autoexpendedoras. A proposta que puxo hoxe sobre a mesa o Executivo comunitario debe ser agora discutida e emendada polos estados membros e o Parlamento Europeo antes de que sexa definitivamente aprobada.

Fonte: As Drogas Info