A ONU asegura que cada ano morren case 200.000 persoas debido ás drogas

Xóvenes consumindo droga

30/06/2015

O número de persoas que morreron no mundo no ano 2.013 debido ao consumo de drogas mantívose estable e logo ascendeu ó redor de 187.000, según estimacións que se fixeron na Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito.

Estas cifras recóllense no Informe Mundial sobre as Drogas, difundido onte en Viena, e que estima un total de 246 millóns de persoas de entre os quince e sesenta e catro anos consumiron estupefacientes ilegais, o que supón unha de cada vinte persoas en idade adulta do planeta.

“ Un número inaceptable de consumidores de drogas en todo o mundo seguen perdendo a súa vida de xeito prematuro”, frase que recolle o estudo.

Outra nova de interese que recolle o Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo é a alerta de que cada vez hai máis xóvenes que comezan a fumar cannabis antes que tabaco, un hábito que lles serve como porta de entrada ó tabaco. Sendo o consumo destas dúas sustancias un aumento de risco para a saúde.

Os últimos anos aumentou considerablemente o consumo de ambas drogas de forma conxunta, e ademais o uso de ambas ten un efecto de reforzo mutuo dos seus principais compoñentes activos: o tetrahidrocannabinol (THC) e a nicotina.

Os xóvenes inícianse no consumo do cannabis nos primeiros anos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), mentres hai uns cinco anos comezaban polo tabaco e seguían co cannabis, pero as pautas de inicio e consumo están cambiando.

FONTE: A Voz de Galicia