A METANFETAMINA
28/02/2022
A metanfetamina é unha substancia sintética estimulante do SNC, o seu nome científico desoxiefedrina indica que está emparentada coa efedrina (un estimulante) e coa adrenalina (unha hormona e un neurotransmisor). Debido ó riscos que plantexa o seu consumo, é unha substancia sometida a control dende a Convención de substancias psicotrópicas do 1971, a nivel mundial é unha das substancias ilícitas máis consumidas e tamén asociadas a delitos penais. A modalidade do consumo vai determinar o tipo e magnitude dos seus efectos.
A metanfetamina incrementa os niveis da dopamina de xeito importante, esta liberación de dopamina no cerebro causa efectos similares ós de outros estimulantes, a corto prazo o seu consumo aumenta a frecuencia cardíaca e respiratoria, e tamén a presión arterial, polo que pode causar serios problemas cardiovasculares. A inxesta de doses elevadas fai subir a temperatura corporal, aparecendo convulsións e incluso risco de morte. Por outra banda, pode desencadear efectos agudos como ansiedade, insomnio, paranoia, ataques de pánico e conductas agresivas.
A longo prazo, o abuso das metanfetaminas ten moitas consecuencias negativas, entre elas a adicción, enfermidade crónica e recidivante que na meirande parte dos casos leva a consumir doses máis altas, e ou con maior frecuencia para obter o efecto buscado; podendo chegar a perder a capacidade de experimentar calquer outro placer o que lles conduce a un abuso maior.
Ademáis da adicción, as persoas que a consumen a longo prazo poden ter, con maior frecuencia síntomas psiquiátricos (ansiedade, insomnio, confusión, conducta violenta) e poden chegar a presentar caracteres psicóticos como paranoia, alucinacións visuais, auditivas e ilusións (sentir insectos baixo a pel). Ditos síntomas poden cesar ó abandoar o consumo, ou manterse durante meses, ou incluso anos; podendo reaparecer en situacións de estrés.
Todos estes problemas reflexan cambios significativos no cerebro, de feito estudos de neuroimaxen reflexan cambios na estructura e o funcionamento cerebral debidos ó uso da metanfetamina, feito que explica por que custa tanto tratala adicción e porque as recaídas son tan frecuentes ó inicio do tratamento.
O uso da metanfetamina está asociado a unha cultura de comportamentos sexuais de risco, tanto entre os homes que teñen relacións sexuais con homes como nas poboacións heterosexuais, xa que esta substancia e os estimulantes relaciónanse co aumento da libido; sen embargo, o uso indebido desta substancia pode estar asociado a unha diminución do funcionamento sexual (nos homes sobre todo).
Según a enquisa EDADES, a porcentaxe de persoas entre 15-64 anos que consumiron durante o último ano metanfetaminas é dun 0,3 %, sendo a frecuencia de uso o doble en homes ca en mulleres e hai estudos que revelan que as persoas que practican "chemsex" amosan un uso moi frecuente.
O mellor que pode facerse por unha persoa que ten problemas de abuso de metanfetaminas é axudala a que atope axuda profesional para que lle axuden a recoñecer, evitar e facer fronte ás situacións nas que é máis probable o consumo de droga.
FONTE: PNSD (Plan Nacional Sobre Drogas)