A Lei que unificará a idade de acceso ó alcohol ós 18 anos prohibirá o consumo, a venta e a dispensación a menores

Rapaces collidos da man

30/04/2013

En España, a idade de inicio dos escolares no consumo de alcol sitúase, de media, nos 13,7 anos. Este problema, agrávase se se ten en conta que é común que os/as adolescentes consuman catro ou cinco bebidas alcohólicas nun só día, normalmente durante o fin de semana e pola noite. Así o revelan as últimas enquisas elaboradas pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Para combater este problema, a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou que traballa para elaborar unha norma que, por primeira vez en España, unifique aos 18 anos a idade mínima para o acceso ao alcol.

Esta norma, cuxa elaboración está tamén contemplada no Plan Nacional de Infancia e Adolescencia 2013-2016, aprobado este mes en Consello de Ministros, persegue os obxectivos de mellorar a sensibilización, fomentar alternativas de lecer saudable e, sobre todo, protexer aos nenos/as. A intención última é “alcanzar o consumo cero de alcol en menores”. Así o expuxo hoxe a ministra Ana Mato aos científicos/as, catedráticos/as e investigadores/as convocados/as polo Plan Nacional sobre Drogas para asesorar ao Ministerio na elaboración desta norma.

A todos eles/as se lles expuxeron as principais medidas que o Ministerio está a estudar incluír na lei, para evitar o acceso dos/as menores ás bebidas alcohólicas. Mato detallou que a futura norma contemplará a prohibición, con carácter xeral do consumo de alcol por parte de menores de idade, así como a venda e dispensación de bebidas a menores con tal fin. Así mesmo, a norma restrinxirá a publicidade orientada a fomentar o consumo de alcol entre nenos/as e adolescentes.

O consumo de alcol por parte dos/as menores é un problema de saúde pública, ademais dun problema social. Por iso, en materia de sensibilización achega do impacto das bebidas nos nenos/as e os riscos asociados, o Ministerio estuda incluír medidas adicionais, como establecer, de forma obrigatoria, para o persoal que dispense bebidas alcohólicas, cursos de formación específica.

O Ministerio cre necesario, así mesmo, emprender accións que promovan a educación para a saúde, incluíndo nas orientacións curriculares de Primaria e Secundaria contidos que potencien hábitos de vida e de consumo saudables.

Outra das medidas que se contemplan para incluír na norma é o mandato de incorporar lendas ou rótulos que lembren a prohibición do consumo de alcol por parte de menores de idade nos envases e promocións das bebidas, así como nos establecementos de venda de alcol.

A ministra manifestou que “aceptar como natural que a diversión dos/as menores estea cada fin de semana unida ao consumo de alcol supón aceptar un fracaso como sociedade”. Por iso, pediu as súas achegas a todos os expertos/as que acudiron á reunión, para reducir o consumo de alcol entre os adolescentes, educarlles dándolles liberdade de elixir con responsabilidade, pero establecendo límites, e sensibilizar ás familias e a toda a sociedade.

Fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade