A forza de vontade só serve para deixar de fumar ao 5%
26/05/2015
A porcentaxe de fumadores que abandona o tabaco só ca vontade é do 5%, mentres que no resto esta vontade é un requisito que debe acompañarse dun asesoramento específico.
A facultade de decidir e ordear a propia conduta é un dos factores máis deteriorados nas persoas aditas, e a nicotina como outras sustancias aditivas vai vulnerar a vontade dos fumadores.
Pero DEIXAR DE FUMAR É POSIBLE; e seguindo co lema da SEFAC que o que “empezou cunha calada non acabe cunha vida”
Si é posible deixar de fumar, se a persoa está motivada, (a vontade que se citaba ao principio) e recibe axuda profesional.
A Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria (SEFAC) publicou unha serie de consellos para abandonar o tabaco con éxito:
1. Deixalo é posible porque existen tratamentos que nos primeiros 15 días xa permiten controlar a dependencia física. Ademais o seu custo equivale ao consumo dun paquete diario.
2. Non desanimarse se non se consegue á primeira.
3. Coñecer os verdadeiros motivos polos que se acende cada un dos cigarros.
4. Non permitir que se fume en espazos pechados nin en presenza de nenos.
5. Dicir ás persoas do seu entorno que queren deixalo e buscar axuda profesional sanitaria.
6. Seguilas instrucións do tratamento pautado e non abandoar antes de tempo; aínda que se crea superado.
7. Non todos os tratamentos son igualmente eficaces, polo que hai que individualizalas terapias.
8. Evitar pensar que xa non se volverá fumar ou que se deixa atrás un amigo.
9. Non abandoar o tratamento sen consentimento do profesional.
10. Deixalo tabaco mellora a axilidade, resistencia física, pel, aspecto persoal, olfacto, gusto e incluso sexualidade.
FONTE: Infosalus