A FATIGA PANDÉMICA PROVOCA QUE AS PERSOAS XOVES VALOREN MÁIS O TEMPO DE DESCONEXIÓN DE INTERNET E REDES SOCIAIS

Tempo de desconexión

03/08/2021

A pandemia da COVID-19 afectou significativamente á percepción e valoración que os/as xoves fan da tecnoloxía, debido a importancia das TIC na súa vida cotiá durante este período: un 47,4% dos/as xoves españois entre 15 e 29 anos valora máis ca antes o tempo de desconexión de Internet e redes sociais. E algo máis dun terzo (37,1%) tamén destaca que aproveita mellor o seu tempo na rede dende a chegada da pandemia. 

A pesares dese certo grao de saturación de pantallas, os/as xoves seguen sendo “tecno optimistas” e para o 57,1% a tecnoloxía contribúe claramente a mellorar a calidade de vida das persoas, o que supón un aumento de 7,4 puntos con respecto ó 2020. 

Maioritariamente (71%) cren que teñen competencias dixitais elevadas e o 88,2% actúa como mediador experto para apoiar ó seu entorno social no emprego do uso de Internet e TICs.

Estes son algúns dos principais resultados do “Barómetro Jóvenes y Tecnología 2021. Trabajo, estudios y prácticas en la incertidumbre pandémica”, una investigación del Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de Fad, financiada por Google, e realizada a través de 1.200 enquisas  a xoves entre 15 e 29 años.

No estudio afóndase nas percepcións sobre a tecnoloxía no futuro, nas experiencias de trabalo e na  educación durante a pandemia, así como nos seus usos tecnolóxicos. A investigación foi presentada pola directora xeral da Fad, Beatriz Martín Padura, e polo investigador do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude da Fad, Daniel Calderón. 

Según o estudio, en xeral a percepción da tecnoloxía entre os/as xoves é positiva, destacando aspectos que teñen que ver coa innovación (45,8%), o futuro (44,5%) e o progreso (44,4%). Tamén son maioritarias ideas como que a tecnoloxía “mellora a calidade de vida das persoas” (57,1%) e que “permite participar social y politicamente” (50,6%). 

Sen embargo, un 47,4% valora máis o tempo de desconexión de Internet e redes sociais despois da pandemia.

En canto ás formas de uso, as actividades de ocio e lecer son as máis comúns: por encima do 60% de xoves escoitan música, ven películas, series ou seguen a creadores de contido de maneira frecuente. A busca de información, así como as actividades prácticas, administrativas e comerciais, tamén son frecuentes para máis da metade.

PERFÍS TECNOLÓXICOS XUVENÍS: GAMERS, PRÁCTICOS OU SOCIAIS

En canto á súa relación coa tecnoloxía (según o emprego que fan dos dispositivos e as TIC), atopamos cinco perfís tecnolóxicos xuvenís. O máis numeroso é o dos xoves sociais/audiovisuais, case un de cada catro, o 24,8%. Son xoves que empregan sobre todo os seus dispositivos para estar conectados en redes e para o ocio audiovisual. Neste grupo o 81,3% son mulleres. 

En segundo lugar atopamos ós Gamers (22,2%). Son xoves cun alto grao de competencia dixital e que, moito máis que o móbil, usan equipos fixos (PC de sobremesa, videoconsolas). Emprégannos fundamentalmente para xogar a videoxogos pero tamén para comunicarse ou desfrutar de ocio audiovisual. Este grupo está moi masculinizado: 74% son homes. 

O terceiro grupo está formado por xoves con competencias dixitais moi básicas, con acceso reducido a dispositivos -aínda que predomina o acceso a través de móbil- e que destaca porque o empregan, non para comunicarse ou para o lecer audiovisual, senón para usos minoritarios como apostas online ou apps para atopar parella, fundamentalmente. É o grupo Minoritario, formado por un 19.9% da mostra, co que case un de cada cinco encaixaría nesta descrición. Aínda é un grupo heterodoxo, predominan -sobre todo no emprego  das apps de apostas y xogo- os xoves con carencias materiais severas e máis risco de exclusión social.

Un 18,1% son os denominados Prácticos. Caracterízanse por facer un uso moi variado de Internet e as TIC. A súa competencia dixital é moi alta e destacan por xestionar online gran parte das súas actividades persoais, administrativas e comerciais (compras online).

Por último atopamos o grupo de xoves Múltiples, que aglutinaría  un 15,2% da xuventude. Este perfil caracterízase por unha competencia dixital elevada, así como un acceso moi diversificado ás TIC a través de todo tipo de dispositivos. O emprego que fan  destes dispositivos céntrase moito na ofimática e nos usos minoritarios (apostas, encontrar parella). 

FORMACIÓN ONLINE E TELETRABALLO

O 52,2% dos/as xoves valora positivamente a formación online que recibiron dende o inicio da pandemia. A pesares desto, tamén destacan as sensacións negativas como o agobio (39,5%), a saturación (27,6%) e a frustración (26,6%). A súa vez, ata un 58% afirma distraerse con máis facilidade coa formación online. 

Aínda que un 56,4% de xoves declaran que contaron con tódolos recursos tecnolóxicos necesarios para seguir as clases online, nos perfís de maior carencia material este porcentaxe descende ó 35,5%.

Os principais inconvintes da formación online que se sinalan na investigación teñen que ver coa preparación do profesorado (27,9%), os problemas prácticos para realizar tarefas (21,9%), seguir as clases dende o fogar (20,5%) ou os problemas de tipo anímico e de falta de concentración (21,9%). En canto ás vantaxes, destacan a evitación de desprazamentos innecesarios (46,4%) e a maior autonomía á hora de organizar o propio tempo (39,8%). Os/as xoves prefiren a formación presencial e unicamente 1 de cada 10 optan por un modelo exclusivamente online.

En canto ó tele traballo, unha pequena proporción de xoves tiña experiencia de tele traballo (15,9%) antes da chegada da pandemia, aínda que durante o 

confinamento este porcentaxe practicamente se veu duplicado (28,8%). Entre quenes continuaron traballando, a porcentaxe de tele traballo acadou o 57,9%. 

O tele traballo valórase positivamente (61,8%), aínda que as sensacións son bastante ambivalentes. Das catro sensacións máis mencionadas, dúas son positivas (comodidade, 31,3%; satisfacción, 20,7%) e dúas negativas (agobio, 25,9%; saturación, 23,6%). 

En canto ós inconvintes, destacan os de tipo organizativo, como a dificultade para trasladar partes do traballo ó fogar (23,9%) ou a falta de preparación do centro de traballo (16,7%). Entre as vantaxes destacan as de tipo práctico: a evitación de desprazamentos (42,5%), a comodidade (36,8%) e a autonomía (26,4%). 

Os/as xoves prefiren modelos mixtos no traballo a partes iguais (36,2%), aínda que hai unha lixeira vantaxe das modalidades online sobre as presenciais, un 22,1% prefería exclusivamente traballo online e un 18,4% daría máis peso ó online, pero combinado con actividade presencial. 

Con respecto ó futuro, a maior parte de xoves, 3 de cada 5, decántase por opcións mixtas, tanto de formación como de traballo, nas que o presencial e o online se distribúan a partes iguais ou onde o presencial teña maior peso.

Sobre como afectarán las tecnoloxías ó futuro da educación e ó  traballo, pensan que os centros de traballo e de estudos deberán responsabilizarse da formación dos seus traballadores e do seu alumnado en novas tecnoloxías (58% no caso dos estudos e 59,8% no caso do tele traballo). Con respecto ós aspectos positivos, un 47,5% considera que a tecnoloxía fará máis sinxelo formarse no futuro e un 44,7% que será máis doado atopar  traballo. A pesares desto, a metade cre que se requiren para iso habilidades tecnolóxicas que non se aprenden na educación formal. 

En cuanto ós aspectos negativos, ata o 43,9% afirma que será máis difícil avaliar o rendemento académico coa formación online e o 42,1% que a tecnoloxía 

provocará maiores diferenzas educativas. Á súa vez, 2 de cada 5 son máis pesimistas sobre o emprego, cren que se perderán máis postos de traballo dos que se gañen e que se precarizarán as condicións laborais coa tecnoloxía.

USOS, COMPETENCIAS E ALFABETIZACIÓNS DIXITAIS

Os/as xoves acceden á tecnoloxía a través do smartphone (94%) e o ordenador portátil (88,9%), que tamén son os que máis se empregan con frecuencia ou constantemente (82,4% y 60,2% respectivamente). 

As mulleres empregan  con máis frecuencia o smartphone e o portátil e os homes a videoconsola e o PC de sobremesa.

O lecer e o entretemento soe ser o tipo de uso máis frecuente dos aparatos tecnolóxicos: escoitar música (75,6%), utilización de aplicacións de mensaxería instantánea (75,3%), visionado de películas ou series (68%) e o  seguimento de creadores/as de contido (62,8%).

En relación co entorno, percíbese unha importante brecha xeracional, pois é máis habitual percibirse máis habilidoso/a ca os proxenitores (71,4%)  e profesores (83,7%) que fronte ás amizades (55,9%) e xente da súa idade (37,3%). Tanto a percepción das competencias como a comparación co entorno mellorou con respecto ó 2020.

Aínda así, atopamos importantes diferenzas sociodemográficas, pois a percepción dun nivel alto e moi alto de competencias é maior entre os homes (76,2%), entre quenes teñen estudos superiores (79,2%), nos grupos en mellor situación económica ( 80%) y nos residentes en localidades de máis dun millón de habitantes (77,2%).

Para los/as xoves, a autocapacitación a través de Internet é a principal fonte de alfabetización dixital, (un 55,6% realiza consultas en navegadores e un 38,5% emprega o método da proba - erro) seguida do apoio social (un 32,3% pregunta a amigos ou coñecidos). 

Un 71,3% de xoves afirma que experimentaron problemas no último ano relacionados coa tecnoloxía.

Polo que respecta ás barreiras e limitacións tecnolóxicas, as principais son a falta de tempo (37,5%), o coste dos dispositivos (36,6%) e o descoñecemento das habilidades que debería mellorar (34,2%).