Novas

efectos do cannabis no cerebro

13-03-2020

OS EFECTOS DO CANNABIS NO CEREBRO

As últimas investigacións científicas demostran que o consumo habitual de cannabis provoca cambios estructurais no tecido cerebral, posto que produce alteracións que conducen a un deterioro da memoria, atención, percepción, coordinación e concentración.

Ditos cambios vanse traducir nun empeoramento do rendimento persoal, social e laboral, con afectacións emocionais e físicas.

Risco cero

24-02-2020

"Risco cero nas Enfermidades de Transmisión Sexual"

As prácticas sexuais de risco están repuntando e aparecen de novo enfermidades e infeccións de transmisión sexual que xa estaban erradicadas.

O pasado xoves 20 de marzo presentouse no Colexio Oficial de Médicos da Coruña unha aplicación móbil gratuíta chamada Risco Cero, a cal ofrece información veraz ós xóvenes sobre métodos de anticoncepción, prácticas sexuais seguras e prevención para evitar as enfermidades de transmisión sexual.

sidaCartel

01-12-2019

DíA MUNDIAL DA SIDA

"Transmite Respecto" é o lema da campaña deste ano do Día Mundial da Sida, cuxo aniversario se celebra sempre o día 1 de decembro.

A campaña deste ano busca eliminar as barreiras ás que se enfrontan as persoas coa infección por VIH, entre elas a da discriminación.

O Día Mundial da Sida é unha xornada para concienciar á sociedade fronte á infección; e conta co apoio da Asemblea Mundial da Saúde, a Organización das Nacións Unidas para a SIDA (ONUSIDA) , gobernos, comunidades e persoas de todo o mundo.

Estudes

21-11-2019

Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (2018-2019)

Presentouse a XIII edición da Enquisa sobre Uso de Drogas en Ensinos Secundarios en España (ESTUDES 2018-2019). A enquisa realízase a estudantes entre 14 e 18 anos.

Entre os datos máis significativos que proporcionou esta última edición destacan:

  • Por primeira vez, a enquisa recolle o consumo de videoxogos: o 82,2% di xogar a videoxogos no último ano
  • O 48,4% dos estudantes de 14 a 18 anos probou cigarros electrónicos, fronte ao 20,1% de 2016.
  • Desde 2010, a percepción de risco do cannabis é menor que a do tabaco.

  • O consumo de alcol recente descende (do 67% ao 58,5%), pero aumentan as bebedeiras no último mes (a 24,3% fronte ao 21,8%)

  • O consumo de cocaína alcanza mínimos históricos: menos do 1% dos mozos recoñece consumila no último mes

     

cerebro adicto

08-11-2019

RADIOGRAFÍA DUN CEREBRO ENGANCHADO AO MÓBIL

Nos últimos anos, o emprego das novas tecnoloxías extendeuse con forza na nosa sociedade, sobre todo entre os máis xóvenes. Datos da enquisa do Ministerio de Sanidade ESTUDES (2018), poñen de manifesto que o 99,6% dos estudantes de 14 a 18 anos empregara internet nos últimos meses.

O principal problema radica en que se pasa de xeito moi doado, e case imperceptible, dun uso xeneralizado destas novas tecnoloxías  a un abuso das mesmas.

De feito os resultados dos últimos estudos amosan que mentres que un 3% da poboación de 15 a 64 anos fai un uso compulsivo de internet, sendo a prevalencia deste problema sete veces maior entre os estudantes de 14 18 anos.

Cartel cea benéfica

04-11-2019

Cea Benéfica

O vindeiro sábado 30 de novembro, ás nove e media da noite no restaurante Baiuca, terá lugar a Cea Benéfica de Renacer. A nosa intención é seguir sumando fondos para continuar coa liña de traballo que vimos desenvolvendo dende o ano 1.990. Dende a súa constitución a Asociación Renacer  pretende manter unha liña innovadora na súas estratexias e programas, apostando pola prevención e inserción dos riscos asociados ó consumo de drogas e a prevención do VIH/Sida, e outras enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados, mediante actuaciones no ámbito da educación formal e informal en tódolos niveis: escolar, familiar e comunitario.

Apostas deportivas

08-10-2019

ADICCIÓN Ó XOGO EN MENORES: Un problema crecente

Nos últimos anos, existe unha preocupación crecente ante o incremento no número de menores adictos ós xogos de azar e apostas (principalmente as apostas deportivas)

Numerosos expertos destacan o papel de Internet e as novas tecnoloxías como facilitadoras do acceso a este tipo de xogos entre os adolescentes. De xeito agora hai novos videoxogos que comezan a incorporar elementos propios dos xogos de azar e de apostas, unha converxencia que, xunto cunha publicidade intensa que asocia estas actividades co ocio e o entretemento, poderían estar influíndo no desarrollo de xogo problemático entre a xuventude e adolescencia, cada vez máis visible e alarmante.

30-09-2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

O martes 1  de outubro a Xunta Directiva da ASOCIACIÓN ANTIDROGA RENACER, celebrará a Asemblea Xeral Ordinaria no local social (Rúa Agustín Fernández Oujo, 15 A Entrechán), ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria.

dalle vida

09-09-2019

Día do Síndrome Alcohólico Fetal

Hoxe como tódolos anos,dende o 1.999, o nove do nove simbolizando os nove meses do embarazo celébrase o Día Mundial do Síndrome Alcohólico Fetal.

Durante o embarazo non hai cantidade segura de consumo, calquera mínima cantidade de alcohol pode provocar un TEAF, (Trastorno do Espectro Alcohólico Fetal) que nos casos máis graves pode desarrollar un SAF.