8 de marzo. Día Internacional da Muller

Man de cor morada

08/03/2017

A Asociación Antidroga Renacer de Riveira adherímonos ao Manifesto de UNAD que reivindica a situación das mulleres con problemas de adiccións con motivo do 8 de marzo.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a rede UNAD quere dar visibilidade á situación que sofren as mulleres con problemas de adiccións, unha realidade marcada pola discriminación en todos os ámbitos, que condena á maioría á máis profunda inxustiza.

As mulleres con problemas de adiccións son especialmente vulnerables xa que moitas pasaron por situacións complexas nas súas vidas como abusos na infancia, exposición á violencia, malos tratos de todo tipo e, a miúdo, mostran un gran sentimento de culpa e unha baixa autoestima.

A rede UNAD quere advertir que, actualmente, son moi poucos os recursos de atención ás adiccións que teñen en conta as necesidades das mulleres. Tampouco existen programas específicos pensados para elas, por iso consideramos imprescindible darlles visibilidade e telas en conta á hora de deseñar as políticas de drogas.

En definitiva, solicitamos con urxencia programas específicos para as mulleres con problemas de adiccións. Por outra banda, queremos destacar a importancia de aumentar o número de traballos e investigacións que aborden a presenza da violencia de xénero entre as mulleres con problemas de adiccións.

Actualmente, soportan unha situación de completa indefensión xa que por unha banda, a rede de atención á drogodependencias non conta con ferramentas para atender a violencia de xénero. Por outra, os recursos de atención as vítimas de violencia de xénero non se ocupan das mulleres con problemas de adiccións.

UNAD quere advertir que estas mulleres asumen a violencia, padecen o peso do estigma e apenas denuncian os malos tratos. Por iso pedimos que se adopten protocolos e medidas efectivas para tratar a unhas vítimas tan silenciosas, como socialmente silenciadas. A un colectivo que merece atención, protección e plenas garantías por parte do Estado.

Fonte: UNAD