01-06-2021
FOBIAS E MEDOS: COMO INFLÚE NELAS O COVID
Un dos efectos da crise socio sanitaria provocada polo COVID é o impacto que tivo e segue a ter sobre a saúde mental da poboación. Os cadros de ansiedade e depresión son os máis prevalentes xunto coas fobias que tamen experimentaron un aumento importante. De feito, unha de cada cinco persoas en España tivo sentimentos de desesperanza e tristeza durante moitos días neste ano da pandemia, e máis da metade senten cansancio extremo e pouca enerxía, según datos das últimas enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicados a principios de marzo; datos semellantes aos que presenta o Consello xeral da Psicoloxía de España, os cales poñen de manifesto que un de cada catro habitantes españois presentan síntomas relacionados coa depresión grave ou moderada.