Novas

Resultados estudo

10-09-2021

ANÁLISE DA FAMILIA COMO AXENTE DE PROMOCIÓN DA SAÚDE

A Asociación Antidroga Renacer,  coa colaboración do grupo de investigación en psicoloxía e calidade de vida (PsiCAL), da Universidade de Valencia desenvolveu  o estudo “Análise da familia, como axente de promoción da saúde” cos proxenitores do alumnado de 6º de E.P e  primeiro ciclo da ESO (1º e 2º de secundaria) de  Ribeira.

O obxectivo principal do mesmo foi levar a cabo unha análise do sistema familiar, para identificar e coñecer mellor os factores de protección e de risco, que dende o mesmo, poden condicionar o inicio no consumo de substancias, especialmente do alcohol, e poder así centrar con posterioridade as intervencións, e anticiparnos á aparición do problema, sobre todo tentando evitar  que se produza a  idades tan temperás.

A determinación das franxas de idade para facer o mostreo veu determinada pola observación do entorno, os datos recollidos a través do traballo levado cabo pola entidade coa poboación xuvenil, e os datos do último informe Estudes 2020, do Plan Nacional de Drogas, que amosan que o alcohol segue sendo a substancia de maior consumo na adolescencia, e  que a primeira toma de contacto co mesmo dáse en torno ós catorce anos de media.

Para facer o estudo contactouse cos equipos directivos dos centros educativos do concello, explicouse o seu  propósito e pediuse a súa colaboración para contactar coas familias. Posteriormente, dende os mesmos, a través das plataformas que empregan para contactar cos proxenitores, achegáronlles os enlaces para cumprimentar os cuestionarios que o conforman.

A través do estudo fíxose unha avaliación das necesidades latentes no seo das familias, analizando as estratexias de intelixencia emocional que empregan, o funcionamento e comunicación no sistema familiar, as actitudes dos proxenitores ante o consumo de substancias en xeral, e do alcohol en particular.

Xogo limpo

10-09-2021

REGULACIÓN DA PUBLICIDADE DO XOGO E APOSTAS

Na madrugada do pasado 31 de agosto entraba en vigor a nova regulación da publicidade do xogo e apostas deportivas. Entre os cambios a destacar, salientar que a publicidade do xogo e apostas queda prohibida na televisión en calquera momento do día que non sexa de unha a cinco da madrugada.

Dixitalizacion

31-08-2021

DIXITALIZACIÓN ACELERADA EN TEMPOS DE COVID19

O COVID19 afectou á nosa forma de vida en case tódalas facetas, unha das máis notorias é a aceleración e intensificación dos procesos de dixitalización que xa estaban en marcha. Trátase, polo tanto, dun proceso que se acelerou como producto das necesidades impostas pola pandemia. Un dos aspectos máis destacables é o aumento do consumo de medios, sobre todo canales dixitais como a prensa, televisión multimedia e outras plataformas de comunicación que aumentaron co illamento ó que se viu forzada a maior parte da poboación como consecuencia do confinamento, para facer fronte ó brote inicial da pandemia.

Alcohol xuventude

24-08-2021

CONSUMO DE ALCOHOL EN XÓVENES ASOCIASE Ó ENVELLECEMENTO DOS VASOS SANGUÍNEOS

O consumo de alcohol durante a adolescencia e xuventude  asociase coa aceleración e rixidez arterial, un precursor da enfermidade cardiovascular, según conclúe un estudo presentado no Congreso da Sociedade Europea de Cardioloxía ESC 2021.

Houbo diversas probas que demostran a existencia dun aumento gradual co uso máis intenso de alcohol, o que significa que canto máis se bebe maior é o aumento da rixidez arterial. Dita relación non se explica por outros factores que poidan predispoñer á enfermidade cardíaca, o que suxire que o comportamento de risco durante este periodo ten un efecto directo sobre a saúde vascular.

 

Cigarros Blunt

16-08-2021

MARIHUANA E ADOLESCENTES

Unha idea errada, moi extendida entre este grupo de idade, é que o consumo desta substancia é completamente seguro. Un equipo multiinstitucional acaba de publicar na revista "Pediatrics", a cal examina o impacto de consumir marihuana na poboación adolescente, que o impacto é contundente e decisivo na función respiratoria  e no desenvolvemento do cerebro. Un dos investigadores da Universidade de Texas sinala que a investigación sobre as diversas formas de consumo de marihuana amosa que cada método implica riscos diferentes.

Adiccións con e sen substancia

09-08-2021

ADICCIÓNS CON E SEN SUBSTANCIA EN ADOLESCENTES. CAL É A SITUACIÓN ACTUAL?

As adiccións con e sen substancia constitúen un dos principais problemas de Saúde Pública que afectan ós/ás adolescentes españois. A pesares de que os datos recollidos na última Enquisa Estatal sobre uso de Drogas na Ensinanza Secundaria (ESTUDES 2018- 2019) sinalan unha discreta diminución do consumo dalgunhas substancias, os índices de consumo continúan situándose en cifras preocupantes. O alcohol é a substancia psicoactiva máis consumida. O Informe 2020 da enquisa ESTUDES advirte dun estancamento case “endémico”, xa que en ningún intre da serie histórica o consumo nos últimos 12 meses se situou por debaixo do 72%. Persiste, ademais, un patrón de consumo intensivo ou en forma de atracón, coñecido no ámbito anglosaxón como Binge Drinking, caracterizado pola inxesta de elevadas cantidades en cortos períodos de tempo e cuxos efectos no organismo e, en particular, nun cerebro en pleno proceso de maduración poden ser devastadores. A nivel comportamental tamén se demostrou que os/as adolescentes con este patrón de consumo presentan unha maior probabilidade de iniciarse no consumo doutras substancias, con consumos de risco ou incluso unha posible dependencia na idade adulta.

Tempo de desconexión

03-08-2021

A FATIGA PANDÉMICA PROVOCA QUE AS PERSOAS XOVES VALOREN MÁIS O TEMPO DE DESCONEXIÓN DE INTERNET E REDES SOCIAIS

A pandemia da COVID-19 afectou significativamente á percepción e valoración que os/as xoves fan da tecnoloxía, debido a importancia das TIC na súa vida cotiá durante este período: un 47,4% dos/as xoves españois entre 15 e 29 anos valora máis ca antes o tempo de desconexión de Internet e redes sociais. E algo máis dun terzo (37,1%) tamén destaca que aproveita mellor o seu tempo na rede dende a chegada da pandemia. 

A pesares dese certo grao de saturación de pantallas, os/as xoves seguen sendo “tecno optimistas” e para o 57,1% a tecnoloxía contribúe claramente a mellorar a calidade de vida das persoas, o que supón un aumento de 7,4 puntos con respecto ó 2020. 

Maioritariamente (71%) cren que teñen competencias dixitais elevadas e o 88,2% actúa como mediador experto para apoiar ó seu entorno social no emprego do uso de Internet e TICs.

Estes son algúns dos principais resultados do “Barómetro Jóvenes y Tecnología 2021. Trabajo, estudios y prácticas en la incertidumbre pandémica”, una investigación del Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de Fad, financiada por Google, e realizada a través de 1.200 enquisas  a xoves entre 15 e 29 años.

No estudio afóndase nas percepcións sobre a tecnoloxía no futuro, nas experiencias de trabalo e na  educación durante a pandemia, así como nos seus usos tecnolóxicos. A investigación foi presentada pola directora xeral da Fad, Beatriz Martín Padura, e polo investigador do Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude da Fad, Daniel Calderón. 

Móllate o xusto!

19-07-2021

MÓLLATE O XUSTO! Sempre chuvasqueiro

Dende a Asociación Renacer xunto coa Confraría da Dorna ponse en marcha, un ano máis, a campaña de prevención de enfermidades de transmisión sexual e embarazos non desexados baixo o lema: " Móllate o xusto! Sempre chuvasqueiro.

Elixas o que elixas, SEN drogas

25-06-2021

FALEMOS DE DROGAS, A INFORMACIÓN SALVA VIDAS

Como tódolos anos, dende o 1987, conmemórase o Día Internacional contra o Tráfico Ilícito e Abuso de drogas. Neste 26 de xuño; o obxectivo é crear unha conciencia sobre o problema que representan para a sociedade as drogas ilícitas. Elixindo para a ocasión o lema  seguinte " Hablemos de Drogas: la información salva vidas", combatindo deste xeito a desinformación posto que é fundamental coñecer os riscos que ten para a saúde buscar tódalas solucións posibles para abordar este problema mundial das drogas; dende a prevención, o tratamento e unha atención integral fundamentadas nas probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas.

Ademais, a campaña nesta ocasión quere amosar os datos clave que proveñen do Informe Mundial sobre as Drogas da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito ( UNODC). Deste xeito, con feitos baseados na ciencia e en solucións prácticas poderase ter unha visión clara e obxectiva deste problema de saúde mundial. O informe preséntase en seis folletos que ofrecen unha gran cantidade  de información e unha análise para axudar á comunidade internacional a implementar recomendacións operativas sobre unha serie de compromisos asumidos polos Estados Membros.

Medos e COVID

01-06-2021

FOBIAS E MEDOS: COMO INFLÚE NELAS O COVID

Un dos efectos da crise socio sanitaria provocada polo COVID é o impacto que tivo e segue a ter sobre a saúde mental da poboación. Os cadros de ansiedade e depresión son os máis prevalentes xunto coas fobias que tamen experimentaron un aumento importante. De feito, unha de cada cinco persoas  en España tivo sentimentos de desesperanza e tristeza durante  moitos días neste ano da pandemia, e máis da metade senten cansancio extremo e pouca enerxía, según datos das últimas enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicados a principios de marzo; datos semellantes aos que presenta o Consello xeral da Psicoloxía de España, os cales poñen de manifesto que un de cada catro habitantes españois presentan síntomas relacionados coa depresión grave ou moderada.