Novas

Man cun cigarro

01-01-2010

Comezar o ano cun propósito saudable

Por que non aproveitar o empeño do Ministerio de Sanidade en endurecer a Lei Antitabaco para deixalo?. Aproveite o comezo deste ano 2010 tirar ó lixo ese paquete de tabaco que aínda ten e así comezar este novo cuns pulmóns máis limpos e un corazón máis san. Si é vostede un dos millóns de españois que se propuxo abandonar esta adicción en 2010, aquí van algunhas claves que poden axudarlle.

Moza en estado de xestación

21-12-2009

Reforma da Lei Orgánica de Saúde Sexual e Reprodutiva

O Pleno do Congreso aprobou o pasado xoves 17 de novembro o proxecto de reforma da Lei Orgánica de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que sitúa nos 16 anos a maioría de idade para decidir sobre a interrupción do embarazo e liberalízao ata as 14 semanas, con 184 votos a favor, 158 en contra e unha abstención. Xa se presentara sobre a mesma un anteproxecto no mes de maio deste mesmo ano.

Cigarro nun cinceiro

15-12-2009

Nova Lei Antitabaco para o 2010

O Ministerio de Sanidade e Política Social prohibirá fumar en todos os espazos públicos pechados, locais de lecer e restaurantes en 2010, segundo asegurou a ministra , Trinidad Ximénez, quen destacou que existe un "grao de consenso bastante amplo".

Para Ximénez, "o problema non é que se fume en lugares públicos, senón en lugares públicos pechados", e neste senso descarta prohibir fumar en terrazas e prazas de touros. Recoñeceu que as "conversas están moi avanzadas" e a posición é bastante maioritaria no seo do conxunto de grupos políticos. "Na medida en que consigamos consenso político, conseguiremos consenso social", dixo, e asegura que a decisión "é moi fundada", posto que está baseada na "protección da saúde". "Estamos culturalmente preparados/as para adoptala xa, e estamos nesa fase final da negociación", remarca.

Cigarros

14-12-2009

Só 6% da poboación mundial está protexida contra o tabaco

A OMS publica o informe “Epidemia Mundial do Tabaco 2009”, onde advirte que cada ano é a causa directa da morte de 5 millóns de persoas. Polo menos o 94% da poboación mundial non está protexida por leis contra o tabaco, segundo o informe “Epidemia Mundial do Tabaco 2009” publicado pola Organización Mundial da Saúde.

Esta situación deixa á práctica totalidade dos/as habitantes do planeta expostos “á principal causa de morte evitable”, xa que o tabaco causa o falecemento directo de máis de 5 millóns de persoas ó ano; dunhas 600.000 persoas por tabaquismo pasivo cada ano; causa múltiples enfermidades, e xera perdas de decenas de miles de millóns de dólares.

Virus de Inmunodeficiencia Humana

28-11-2009

Cada ano 200 novos casos de VIH en Galicia

Ó ano detéctanse en Galicia algo máis de douscentos novos casos de infección por VIH, o que supón unha media de 74 casos por millón de habitantes. Os datos son os primeiros que ofrece a Consellería de Sanidade, xa que até o momento só había datos sobre a fase final da enfermidade, é dicir, sobre os usuarios/as que xa desenvolveron a SIDA. Galicia súmase a oito comunidades que xa teñen un rexistro de VIH, e dos que se desprende que a comunidade galega teñen unha incidencia menor que a media estatal (74 casos por millón fronte a 86).

Cartel da campaña

24-11-2009

Eu Quero Chuvaskeiro

Dentro do programa “A Nosa Arma: a Información: Programa de Prevención de VIH-SIDA e outras ITS dende unha Perspectiva Comunitaria” que organizamos dende a Asociación Renacer (subvencionado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación) e dentro dos actos organizados con motivo do Día Mundial da SIDA, o próximo día 1 de Decembro, poñemos en marcha unha nova campaña: EU QUERO CHUVASKEIRO.

Esta consta de carteis informativos e de Portachuvaskeiros, que conteñen un preservativo e información de sobre o seu uso. Esta campaña iniciárase o próximo 28 de decembro nos locais de ocio nocturno da nosa localidade.

Cartel do filme

20-11-2009

Proxección do filme "City of Ember: na busca da luz", dentro do programa Cinensino

O luns, 23 de novembro, a Asociación Renacer de Riveira dará comezo, ó programa "Educar en Valores a través do Cinema", ca proxección do filme "City of Ember: na busca da luz", ca que se tentará sensibilizar ós/ás escolares acerca da conveniencia de xulgar as situacións nas que ven involucrados/as, anticipando as consecuencias á hora tomar decisións máis axeitadas.

Cartel de difusión do acto

13-11-2009

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 28 de novembro a Cea Benéfica con motivo do Día Mundial da SIDA.

Como cada ano,  dende o 2001, vense celebrando este acto, co pretendemos concienciar á poboación do noso municipio da importancia da prevención e axuntar esforzos na loita contra a SIDA. Xa non é un problema duns poucos/as, concírnenos por igual, homes e mulleres de calquera raza, crenza, preparación ou clase social. É unha epidemia que avanza sobre o planeta. Só lograremos combater o VIH aceptando que este vive entre nós, falando e buscando información, xa que a nosa única aliada na batalla contra esta epidemia é a prevención.

Asómesmo, tamén está no noso ánimo recadar  fondos que nos permitan continuar co desenvolvemento das distintas actividades que levamos a cabo con diferentes colectivos, nas que a través da información e a formación tentamos promover un cambio de actitudes e intervir noutros factores que inflúen no comportamento e que poidan contribuír á transmisión do VIH.

10º Aniversario de Cinensino

28-10-2009

Cinensino 2009-2010

Dentro das actividades encamiñadas á prevención de drogodependencias no ámbito educativo, que se realizan dende a Asociación Renacer, un ano máis ponse en marcha o programa CINENSINO.

O programa está destinado ós alumnos/as 1º de ESO e ten como finalidade formalos en valores, actitudes e habilidades sociais, que actúen como factores de protección fronte o consumo de drogas.