Novas

Cocaína en po

16-03-2011

España é o país de Europa onde se consome máis cocaína por habitante

Segundo un organismo da ONU, o 3,1% da poboación de 15 a 65 anos consome este tipo de droga. Séguenlle Reino Unido e Italia.

España é o país europeo onde máis cocaína se consome por habitante, por diante do Reino Unido e Italia, segundo destacou en Viena a Xunta Internacional de Fiscalización de Estupefacientes (XIFE). No seu informe anual de 2010 afirma, utilizando datos do Observatorio Europeo das Drogas, que a prevalencia anual do consumo de cocaína en España é do 3,1% entre a poboación de 15 a 64 anos.

Condón

13-03-2011

A relaxación fronte á SIDA incrementa os casos de sífilis

A sífilis, unha enfermidade de transmisión sexual, non só está repuntando tras anos nos que se consideraba erradicada, senón que «o perfil do/a paciente está a expandirse», sinala Eduardo Fonseca, xefe do servizo de Dermatoloxía do CHUAC.

A evolución recente desta infección, do mesmo xeito que outras de transmisión sexual, está directamente vinculada segundo os/as especialistas á do descubrimento do VIH. A súa aparición determinou nos 80 que a sífilis practicamente deixásese de reflectirse no mapa de enfermidades de declaración obrigatoria. Décadas despois «a desaparición do medo á SIDA fixo que rexurda, pérdese o temor a unha enfermidade que tende a converterse en crónica e reláxanse os métodos de protección para todas as enfermidades de transmisión por vía sexual», explica o facultativo.

Cigarros

22-02-2011

Dependes da nicotina?

Un estudo, elaborado polo equipo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Elisardo Becoña, recolle un test de seis breves preguntas a través das cales pode saber un fumador/a se é dependente da nicotina.

Para que un fumador/a saiba se é dependente da nicotina ou non, abonda con que responda a seis preguntas. Desta forma, e a través dunha escala elaborada polo equipo do profesor Elisardo Becoña, que dirixe a Unidade de Tabaquismo da Universidade de Santiago de Compostela, pódese ter acceso unha información que o experto considera de gran relevancia á hora de elixir o tratamento máis adecuado para cada paciente.

Medicamento ficticio da campaña

10-02-2011

“A pílula do día anterior”, unha campaña para informar sobre métodos anticonceptivos

Até o 39% dos mozos/as en España recoñece non usar sempre protección nas súas relacións sexuais. Por ese motivo, a Sociedade Española de Contracepción (SEC) e Laboratorios Chiesi presentaron este mércores esta campaña de concienciación que pretende mellorar a educación sexual da mocidade a fin de evitar embarazos non desexados e enfermidades de transmisión sexual.

O elemento central desta campaña é un medicamento ficticio cuxo envase contén unha graxea de chocolate e un prospecto con información sobre sexualidade, centrado sobre todo nos diferentes métodos anticonceptivos existentes en España.

O obxectivo, segundo reza o prospecto, é "estimular a sexualidade responsable", sobre todo en "aquelas persoas con síntomas evidentes de desinformación" nesta materia e "en especial para aqueles mozos/as que experimentan as súas primeiras sensacións sexuais".

Xiringa

02-02-2011

Unha vacina española reduce o virus en pacientes con VIH

O estudio é un primeiro paso para eliminar os fármacos antirretrovirais, moi caros y con efectos secundarios.

Unha vacina fabricada con células do sistema inmune mesturadas co VIH conseguiu “unha modesta redución” na carga viral de 12 persoas seropositivas que aínda non recibiran tratamento antirretroviral. Un estudo español en fase I publicado en Journal of Infectious Diseases devolve a esperanza á creación dunha vacina terapéutica, unha opción que permitiría que os infectados/as por VIH controlasen a súa infección sen necesidade de tomar fármacos para sempre.

Persoa preocupada

25-01-2011

Até o 67% dos consumidores/as de drogas presenta trastornos psiquiátricos graves

Entre o 43% e o 67% dos consumidores/as de drogas presenta comorbilidade psiquiátrica, é dicir, a coexistencia temporal de dúas ou máis trastornos psiquiátricos ou de personalidade. Os trastornos de ánimo, de ansiedade e de personalidade antisocial son as patoloxías máis frecuentes.

Así o afirmou a Dra. Gemma Garcia-Parés, Xefa da área de hospitalización de adultos, interconsulta e urxencias de Psiquiatría do Servizo de Saúde Mental da Corporación Sanitaria Parc Taulí Sabadell, á sesión Esquizofrenia e Opiáceos, organizada pola Sociedade Catalá de Psiquiatría e Saúde Mental da lAcadèmia de Ciències Mèdiques i da Salut de Catalunya i de Balears.

Cartel informativo

18-01-2011

Materiais didácticos para a prevención do consumo de drogas no eido educativo

Estes materiais teñen como fin a introdución da prevención do consumo de drogas no ámbito da ensinanza infantil, primaria, secundaria e post-obrigatoria, baixo o enfoque da Educación para a Saúde, con anterioridade á aparición do problema, actuando sobre as causas que o orixinan.

A importancia de intervir precozmente entre os/as escolares radica no feito de que a maior parte dos mozos/mozas teñen un escaso coñecemento dos problemas que aparecen asociados ó consumo de drogas e posúen escasas habilidades para enfrontalos.

Muller embarazada

10-01-2011

Asocian tabaquismo con risco de aborto espontáneo

Fumar durante o embarazo tamén eleva as probabilidades de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer.

Un novo estudo achega ás mulleres un motivo máis para deixar de fumar antes de quedar embarazadas: reducir o risco de sufrir un aborto espontáneo. Nun estudo sobre case 1.300 xaponesas que tiveran un embarazo, os autores/as acharon que as grandes fumadoras ao comezo do embarazo eran dúas veces máis propensas que as non fumadoras a ter un aborto espontáneo no primeiro trimestre.

Ademais de elevar outros riscos como o de ter un parto de feto morto, un parto prematuro ou un bebé con baixo peso ao nacer, o novo estudo, publicado na revista Human Reproduction, apoia a asociación entre tabaquismo e a perda do bebé.

Cartel informativo

05-01-2011

Nova lei antitabaco

O 2 de xaneiro entrou en vigor a nova lei do tabaco que prohibe fumar en todos os espazos públicos pechados e nalgúns ao aire libre, como parques e lugares de lecer infantil, colexios e recintos hospitalarios.

A norma, impulsada pola anterior ministra, Trinidad Ximénez, e aprobada en setembro no Congreso dos Deputados na súa versión máis restritiva, dá prioridade á prevención do tabaquismo en menores, atrasando a idade de inicio do consumo, e á protección dos fumadores/as pasivos/as, sobre todo aos traballadores/as da hostalaría.

Así mesmo, a nova lei fixa que as administracións públicas deberán "promover" programas para a deshabituación tabáquica -sobre todo en atención primaria- e "potenciar" o acceso a tratamentos e crear unidades de deshabituación tabáquica.

Virus de Inmunodeficiencia Humana

23-12-2010

Un novo fármaco frea a entrada do virus da SIDA nas células

Químicos/as españois participan no desenvolvemento dun medicamento que xa superou dúas fases clínicas.

Unha proteína que o propio organismo produce de forma natural para defenderse dos virus ofrece a clave para combater a SIDA de forma máis eficaz. O péptido, denominado VIRIP, é a base sobre a que se deseñou un fármaco que xa se probou con éxito en ensaios clínicos en humanos en fase I e II e que podería estar listo no mercado nun prazo de cinco anos. A diferenza dos antirretrovirais convencionais, o novo medicamento apenas presenta efectos secundarios e é capaz de escapar á cada vez maior resistencia que opón o virus VIH aos fármacos habituais que tratan de impedir que penetre e infecte á célula.