Novas

Cartel da campaña

30-05-2011

Día Mundial sen Tabaco

O 31 de maio de cada ano a OMS celebra o Día Mundial sen Tabaco, cuxo obxectivo consiste en sinalar os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde e fomentar políticas eficaces de redución do devandito consumo. O consumo de tabaco é a segunda causa mundial de morte, tras a hipertensión, e é responsable da morte dun de cada dez adultos.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) elixiu o "Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco" como tema do próximo Día Mundial Sen Tabaco, que se celebrará o martes 31 de maio de 2011.

A Asemblea Mundial da Saúde instituíu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención mundial cara á epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. A celebración deste día é unha oportunidade para destacar mensaxes concretas relacionados co control do tabaco e fomentar a observancia do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco. O consumo de tabaco é a principal epidemia evitable á que se enfronta a comunidade sanitaria.

Cartel da campaña

18-05-2011

Imaxínaste unha festa sen beber alcol?

A nova campaña da FAD pon o acento na aceptación social da bebida.

Protagonista das noites de lecer xuvenís e porta de entrada ao consumo doutras sustancias, o alcol é o protagonista da nova campaña que acaba de presentar a Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD). Non en balde, trátase da sustancia máis consumida en España na poboación entre 15 e 64 anos.

"O que de verdade nos preocupa é que a sociedade teña asimilada a idea dos 13 anos como inicio ao alcol, cando a Lei limita tomar esta sustancia a partir dos 18", comentou o director xeral da FAD, Ignacio Calderón.

Condón

15-05-2011

O 80% dos novos casos de SIDA en España son por vía sexual

A análise de 6.008 novos/as pacientes diagnosticados de SIDA en España desde xaneiro do 2004 confirma que a principal vía de transmisión é cada vez máis a sexual, en máis do 81% dos casos (no 46,1% por relacións homosexuais, e no 35,2%, heterosexuais), e diminúen os usuarios/as de drogas que comparten xiringas, que eran maioría cando comezou este problema de saúde e agora representan menos do 15%.

Logo da entidade

10-05-2011

Sobre a situación actual

Nos programas de todas as formacións políticas que se presentan ás eleccións ao Concello de Riveira atopamos referencias á importancia de que a mocidade teña un espazo importante no Concello potenciando actividades lúdicas, deportivas, culturais, etc.

O que todos e todas queremos é unha mocidade sa, con posibilidades de desenvolvemento persoal, cun futuro mellor. E para iso pensamos, desde Renacer, que a información é un alicerce fundamental para a educación dos nosos mozos e mozas. De aí a importancia que dende a nosa Asociación, ao longo de 20 anos, déuselle ás actividades preventivas.

Radiografía dun cerebro

06-05-2011

Nicotina e cocaína deixan unha marca similar no cerebro tras a primeira exposición

Os autores/as descubriron que os efectos da nicotina en rexións cerebrais implicadas na adicción son similares aos da cocaína.

Nicotina e cocaína deixan unha marca similar no cerebro tras a primeira exposición, segundo un estudo do Centro Médico da Universidade de Chicago en Estados Unidos que se publica na revista "The Journal of Neuroscience". Os autores/as descubriron que os efectos da nicotina en rexións cerebrais implicadas na adicción son similares aos da cocaína.

O traballo mostrou que unha única exposición de 15 minutos á nicotina causou un aumento a longo prazo na excitabilidade das neuronas implicadas na recompensa. Os resultados suxiren que a nicotina e a cocaína provocan mecanismos similares de memoria no seu primeiro contacto e crean cambios duradeiros no cerebro da persoa.

Rapaces e rapazas xogando

12-04-2011

O Goberno adiantará a prevención do alcohol aos nenos/as de nove anos

Preocupa o incremento do consumo en menores, a partir de 12 anos. Isto fai insuficiente dirixir a prevención cara aos/as adolescentes. Insiste en "certa permisividade nas familias, na que hai que traballar". Propón vixiar aos supermercados e que os/as menores non fagan botellóns.

A delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Nuria Espí, anunciou que o Executivo adiantará a prevención sobre o consumo de alcohol ao ensino primario (nenos/as de 9 a 10 anos), tendo en conta que o inicio no seu consumo é cada vez máis temperán.

Radiografía dun cerebro con marihuana

08-04-2011

Desvelan como a marihuana afecta as emocións

Os resultados do estudo, que se publican na revista “Journal of Neuroscience”, poderían tamén explicar o posible vínculo entre o uso da marihuana e a esquizofrenia.

Investigadores da Universidade de Ontario Occidental en Canadá descubriron un mecanismo cerebral crítico responsable dos efectos das drogas cannabinoides sobre como o cerebro procesa a información emocional. Os resultados do estudo, que se publican na revista "Journal of Neuroscience", poderían tamén explicar o posible vínculo entre o uso da marihuana e a esquizofrenia.

Persoa fumando

04-04-2011

A Lei Antitabaco consegue en tres meses diminuír os infartos de miocardio e as crises asmáticas

Segundo estimacións do Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo, ao longo do ano deixarán de fumar en España unhas 400.000 persoas.

Nos tres primeiros meses do ano produciuse un descenso no número de ingresos hospitalarios por infartos de miocardio e enfermidades respiratorias agudas, sobre todo crises asmáticas que, segundo asegura o Comité Nacional para a Prevención do Tabaquismo (CNPT), están “directamente relacionadas” coa entrada en vigor da Lei Antitabaco, o pasado 2 de xaneiro.

Cartel de difusión da campaña

29-03-2011

Próbao en feminino: campaña para a promoción do uso do preservativo feminino

O Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos presentaron  o 28 de marzo unha campaña conxunta para a promoción do uso do preservativo feminino na poboación. Esta iniciativa é un paso máis do Ministerio no seu compromiso coa prevención dos embarazos non desexados e a protección fronte ao VIH e outras infeccións de transmisión sexual (ITS).

A campaña forma parte dunha estratexia conxunta coordinada desde a Secretaría do Plan Nacional sobre a SIDA do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade coa colaboración do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

Os obxectivos principais da campaña son:

  • Fomentar o coñecemento do preservativo feminino na poboación xeral.
  • Dotar ás persoas que traballan en oficinas de farmacia dunha información básica para que presenten o preservativo feminino dunha forma positiva.
  • Promover a prevención do VIH desde a rede asistencial de farmacias españolas.
Cocaína en po

28-03-2011

O consumo de cocaína cuadriplica o risco de infarto en menores de 55 anos

Este risco multiplícase por sete cando o consumidor/a non supera os 45 anos, segundo un estudo do Hospital Clínic de Barcelona.

A Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) alerta de que o consumo de cocaína resulta un problema social e médico crecente en España, e que debe tomarse cada vez máis en consideración á hora de diagnosticar ó/á paciente.

Un estudo realizado recentemente no Hospital Clínic de Barcelona apoia esta teoría cun alarmante dato, pois, tras avaliar a todos os/as pacientes atendidos/as na Unidade de Dor Torácica durante un ano (3.363 persoas), detectaron que os individuos menores de 55 anos que inxeriran este estupefaciente, presentaban un risco catro veces maior do habitual de presentar un infarto de miocardio. Outros grandes estudos afirman, mesmo, que este risco se multiplica por sete en pacientes que non superan os 45 anos, polo que o risco parece que aumenta e resulta máis prevalente canto máis novo/a é o/a paciente.