14-06-2012
Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade
A Asociación Renacer, en colaboración co Concello de Riveira, vai realizar unha charla informativa sobre a Lei de Prevención do Consumo de Alcohol en Menores de Idade, para potenciar e visibilizar o cumprimento da devandita norma e para sensibilizar á sociedade dos riscos do consumo abusivo de alcohol, especialmente en menores, e potenciala como axente preventivo nesta problemática.
A charla correrá a cargo de D. Jorge Suances, Subdirector do Programa de Fomento de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade. O acto estará presidido por María González Suárez, presidenta da Asociación Renacer, será presentado por María del Pilar Quintela Veiga, psicóloga da entidade e contará coa participación dun representante do concello.
Terá lugar o vindeiro 21 de xuño, as sete da tarde na Aula Multimedia do Concello de Riveira, sita no baixo da Confraría de Pescadores no Paseo do Malecón.