Novas

Radiografía do cerebro

30-08-2012

Confirman que a marihuana deteriora a capacidade cerebral

O uso de marihuana, especialmente entre adolescentes, reduce as funcións cognitivas. O uso persistente de marihuana, particularmente entre adolescentes, deteriora significativamente e de forma irreversible as funcións cerebrais, afirma un estudo.

A investigación, unha das máis amplas que se levaron a cabo sobre este vínculo, seguiu durante máis de 20 anos a un grupo duns 1.000 mozos/as en Nova Zelandia. O equipo internacional de investigadores/as atopou que os/as que comezaran a usar marihuana antes de cumprir os 18 anos -cando o seu cerebro estaba aínda desenvolvéndose- mostraban unha redución "significativa" no seu coeficiente intelectual.

Persoa fumando

23-08-2012

Os nenos/as copian os hábitos fumadores dos seus pais e nais

Se os nenos/as ven aos seus pais/as ler en casa, o seu interese por coñecer os segredos dos libros crecerá. Se escoitan aos Beatles, probablemente apreciarán a música. Se observan aos seus familiares emocionarse co fútbol, pronto terán ganas de ver un partido. E se se afán aos fumes dun cigarro, aumentará o risco de que comecen con esa práctica máis novas.

A idade de inicio do consumo de tabaco en España está nos 15,9 anos, segundo datos do Ministerio de Sanidade. E gran parte deses adolescentes amantes dos cigarros viran como se fumaba na súa casa desde pequenos/as. Polo menos esa é a conclusión do artigo "Por que fuman os mozos?" publicado na revista científica "Prevención do tabaquismo" no que os autores explican como os/as menores que conviven con familiares fumadores incrementan as posibilidades dun consumo temperá desta droga.

Grupo de rapazas

13-08-2012

Radiografía a mocidade española

Valoran a súa vida cun 7,86; e aínda que case a metade ten algún malestar psicosomático, perciben a súa saúde como excelente ou boa. Comen pouca froita e verdura, fan pouco exercicio (aínda que o 21% practícao todos os días da semana) e o 14% bebe alcol todas as semanas. A grandes liñas, este é o debuxo da adolescencia española que traza unha gran enquisa europea.

O estudo "Health Behaviour in School Aged Children 2011" que leva a cabo desde hai 30 anos en varios países europeos, arroxa especificamente o retrato da mocidade española grazas ás enquisas realizadas a máis de 11.200 mozos/as de 11 a 18 anos que se atopan dentro do noso sistema educativo.

Rapaces

09-08-2012

A hostalería implicarase contra o alcoholismo xuvenil

O Ministerio de Sanidade e a Federación Española de Hostalaría e Restauración asinaron a comezos de agosto un convenio para formar aos seus profesionais e introducir boas prácticas co obxectivo de previr o abuso masivo de alcol e consumo de drogas nos espazos de lecer nocturno, especialmente entre os máis novos/as.

"A colaboración coa hostalaría parécenos fundamental. A maior parte dos consumos prodúcense nos espazos de lecer e nas noites dos fins de semana, sobre todo no caso dos máis novos/as", destacou a ministra de Sanidade, Ana Mato, quen lembrou que a Estratexia Nacional sobre Drogas 2009-2016 recolle a necesidade de que as Administracións públicas promovan esta colaboración.

Coches na estrada

10-07-2012

Comeza a campaña Tolerancia Cero

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) porá en marcha entre o 9 e o 15 de xullo unha campaña especial de intensificación de controis de drogas e alcol durante a condución, segundo informou tráfico. Con esta campaña iníciase a estratexia de "Tolerancia Cero" coa que o Ministerio de Interior pretende reducir o número de condutores/as que consomen drogas e ponse ao volante.

Até agora, a DXT practicara algúns controis de drogas aos condutores/as como parte dun estudo europeo para determinar a proporción de condutores/as que consomen baixo os efectos de sustancias psicoactivas nos países da Unión Europea. Con todo, este tipo de probas non se realizaba de maneira xeral, como ocorre no caso do alcol, debido en parte ao custoso da proba (uns 60 céntimos, o test máis barato).

Cartel da campaña

05-07-2012

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade presenta a campaña “Non compres, nin consumas, nin trafiques con drogas no estranxeiro 2012”

De cada 5 españois detidos no estranxeiro, 4 están por delitos relacionados coas drogas. A 30 de xuño, 2.009 españois permanecen detidos en cárceres estranxeiros por delitos relacionados con drogas, o que representa o 83,4% do total (2.426). Perú, Colombia, Italia, Brasil e Marrocos encabezan o ranking de países con máis españois detidos por droga. O 29% dos españois en cárceres estranxeiros por drogas atópanse en países europeos, Holanda entre eles. A campaña, que utiliza os mesmos materiais do ano pasado, trata de alertar, sobre todo aos mozos/as, das graves consecuencias do tráfico e /ou consumo de drogas noutros países. A delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas financia desde hai 12 anos esta campaña do Instituto Ramón Rubial, na que colaboran os ministerios de Xustiza e Asuntos. Exteriores e Cooperación, AENA e Portos do Estado.

Cartel informativo

28-06-2012

O Informe Mundial sobre as Drogas da ONU, en cifras

A loita contra a delincuencia organizada transnacional e as drogas ilícitas debe pasar a formar parte integral do programa de desenvolvemento, sinalou ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas Yuri Fedotov, Director Executivo da Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC). Durante un debate temático especial sobre a ameaza que as drogas e o delito expoñen para o desenvolvemento, Fedotov dixo que, a medida que se aproximaba o prazo fixado de 2015 para pasar revista aos progresos realizados a nivel mundial no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, recoñecíase cada vez máis que a delincuencia organizada e as drogas ilícitas obstaculizaban o logro deses obxectivos.

As drogas ilícitas alimentan a delincuencia e a inseguridade á vez que socavan os dereitos humanos e platean riscos considerables para a saúde pública: "A heroína, a cocaína e outras drogas seguen matando a unhas 200.000 persoas ao ano, destrúen familias e causan sufrimento a outros miles de persoas, crean inseguridade e contribúen á propagación do VIH", sinalou o Sr. Fedotov ao presentar o Informe Mundial sobre as Drogas 2012, publicación insignia da UNODC, ante a Asemblea Xeral.

"É preciso recoñecer que os aspectos de saúde pública da prevención, o tratamento, a rehabilitación e a reinserción son elementos primordiais da estratexia mundial para reducir a demanda de drogas", dixo o Director Executivo á Asemblea Xeral, que se reuniu con ocasión do Día Internacional da loita contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

Cartel da campaña

25-06-2012

26 de xuño: Campaña Mundial Contra Droga

O consumo de drogas é un problema mundial. A prevención comeza cunha comunidade que se preocupa polos seus membros máis vulnerables e fai participar na loita, entre outros, a familias, mestres/as, dirixentes xuvenís e mentores. Se queremos reducir o consumo e o tráfico de drogas, temos que empezar a pensar a nivel mundial e actuar a nivel local. Xuntos/as, podemos formular estratexias de loita eficaces, ensinar ás comunidades a avaliar ós seus problemas locais relacionados co consumo de substancias e elaborar plans amplos para combatelos”. Yury Fedotov, Director Executivo da UNODC .

Membros do Concello de rIveira, Fundación Galega Contra o Narcotráfico e da Asociación Renacer

22-06-2012

VII campaña Panos Brancos contra a droga

A cidade de Riveira é o escenario elixido para desenvolver este sábado 23 de xuño, a partir das 11:30 horas, da sétima edición da campaña de sensibilización social Panos Brancos Contra a Droga: unha actuación promovida conxuntamente pola Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o Concello de Riveira e a Asociación Renacer, co obxectivo de por unha parte de posicionarse contra o tráfico de drogas e, doutra, de concienciar á sociedade sobre a importancia de levar unha vida libre de adiccións.

Para explicar os pormenores do evento déronse cita na Casa Consistorial o xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, Fernando Alonso; a presidenta de Renacer, María González; e o alcalde local Manuel Ruiz Rivas.

Cartel da campaña

19-06-2012

Tolerancia Cero cos condutores/as que consuman drogas ao volante

O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, presentou unha das principais liñas da estratexia sobre condución e drogas que o Ministerio do Interior, a través da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), porá en marcha nas próximas semanas. O obxectivo desta nova campaña é reducir os accidentes na estrada provocados polo consumo de sustancias estupefacientes dos condutores/as.

A idea é impulsar un programa de detección da condución baixo os efectos das drogas -similares aos controis de alcol que realizan os/as axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil nas estradas- co fin de xeneralizalos e crear unha maior conciencia entre os condutores/as de que conducir tras o consumo e baixo os efectos das drogas, non só afecta as capacidades do condutor/a senón que incrementa entre 2 e 7 veces a probabilidade de provocar ou sufrir un accidente de tráfico respecto de quen non consomen ningunha sustancia (Proxecto DRUID e DXT).