26 de xuño: Por un mundo libre de drogas

Cartel da campaña

23/06/2016

Con motivo da conmemoración, o domingo 26 de xuño, do Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, a Asociación Renacer despregará a partir do xoves día 23 unha pancarta desde o balcón do edificio do concello, ao obxecto de xerar unha reflexión acerca de que como o consumo destas sustancias constitúe un do vinte principais factores de risco para a saúde a nivel mundial.

Preténdese así mesmo que este día, establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1987, sirva para lembrar o obxectivo convido polos Estados Membros das Nacións Unidas de crear unha sociedade internacional na que non se usen indebidamente as drogas.

A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito realiza cada ano unha campaña de concienciación. “Escoita Primeiro” é unha iniciativa para aumentar o apoio para a prevención do uso de drogas que se basea na ciencia, e desta maneira representa un investimento eficaz no benestar de nenos e novos, as súas familias e comunidades.

Esta está composta por un vídeo que incide na importancia da prevención desde idades temperás e tamén por unha “Folla de datos para tomadores de decisións”, onde resaltan a nenez como etapa de desenvolvemento significativo e moi vulnerable, dá pautas para unha boa escoita activa e a importancia dunha prevención baseada na ciencia que os nenos crezan felices e resilientes, xa que esta dá un aforro de polo menos o monto investido en prevención.

Por un mundo libre de drogas.