26 de xuño: Día Mundial Contra a Droga

Cartel da campaña

25/06/2014

A Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito encabeza a campaña internacional de concienciación sobre o gran problema que supoñen as drogas para a sociedade no seu conxunto, e especialmente para os mozos/as. O obxectivo da campaña é mobilizar apoios e inspirar á poboación para que actúe contra o abuso e o tráfico de drogas. A campaña alenta á mocidade a coidar ante todo a súa saúde e non consumir drogas.

Os/as adolescentes e os/as adultos novos/as son especialmente vulnerables ao consumo de drogas. A prevalencia de consumo de drogas entre a mocidade duplica con fartura a da poboación xeral. A presión do grupo social para experimentar con drogas pode ser intensa, e con frecuencia a autoestima dos mozos/as é baixa. Ademais, quen consomen drogas adoitan estar mal informados/as ou non son suficientemente conscientes dos riscos que iso leva para a saúde.

As drogas teñen o poder tanto de mellorar como de danar a saúde, dependendo do tipo de droga, a cantidade consumida e para que se toma. Por exemplo, mentres a morfina pode paliar a dor, a heroína pode ser altamente adictiva. Este tipo de exemplo ilustra a necesidade de fiscalizar as drogas. As drogas sometidas a fiscalización internacional inclúen os estimulantes de tipo anfetamínico, a coca e a cocaína, o cannabis, os alucinóxenos, os opiáceos e os hipnóticos sedantes. Ditas drogas teñen efectos físicos inmediatos. Mentres que algúns efectos físicos poden soar pracenteiros, non duran moito. As drogas poden impedir o desenvolvemento físico e emocional, particularmente dos mozos/as.

Actividades da Asociación Renacer

Dende Asociación Renacer desenvolvemos actividades de prevención que lle dan ao público e á mocidade a información, as ferramentas e as oportunidades que necesitan para tomar decisións sas, incluíndo a de non consumir drogas.

E, coincidindo con este día, desenvolveremos na praza do concello, das 11:00 ás 14: 00 horas, unha xornada informativa e de sensibilización. Para o que se instalará unha caseta informativa e un “photocall” no que todos/as aqueles que o desexen poderán retratarse de forma individual ou en grupo, cunha mensaxe a elixir entre as que lles facilitaremos.

A intención é facer uso das novas tecnoloxías difundindo posteriormente devanditas fotografías a través da rede e, así, esta campaña de sensibilización se estenda a través dela chegando ao maior número de persoas posible. Para a difusión empregarase a páxina de Facebook da Asociación Renacer.

Así mesmo, e co obxecto de que os mozos/as recuperen e descubran o gusto por unha ocupación diferente do tempo libre, convidarémolos a xogar ás cartas, ás damas, ao parchís, ás bolas ...

A actividade estará dinamizada, ademais de por as técnicas da Asociación, por 15 monitores/as que actualmente se están formando nun curso de mediadores/as xuvenís en prevención de drogodependencias, que a asociación está a desenvolver os sábados pola mañá.