Novas

Cartel da campaña

29-11-2012

1 de decembro: Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

Diseñadores de moda apoiando a campaña

28-11-2012

Informe ONUSIDA 2012

ONUSIDA informa dun descenso de máis do 50% nos casos de novas infeccións polo VIH en 25 países, a tan só 1000 días para que os países deban cumprir os obxectivos mundiais en materia de SIDA.

Ademais, o número de persoas que teñen acceso á terapia antirretrovírica aumentou nun 63% nos últimos 24 meses, e as mortes relacionadas coa SIDA caeron en máis dun 25% entre 2005 e 2011 a nivel mundial.

O novo informe do Día mundial da SIDA, Resultados, elaborado polo Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA) mostra que a rapidez sen precedentes coa que se mellorou a resposta á SIDA está a dar resultados. O informe indica que, en 25 países de ingresos baixos e medios, dos cales a metade se atopan en África subsahariana, a rexión máis afectada polo VIH, logrouse unha redución de máis do 50% nos casos de novas infeccións polo VIH.

Cartel informativo

27-11-2012

As grandes oportunidades para axudar aos demais rara vez veñen, pero as pequenas rodéannos todos os días

A directiva da Asociación Antidroga Renacer agradece a resposta social solidaria mostrada por todas aquelas persoas e entidades como Ambar, Amicos, Cruz Vermella, Cáritas, Asociación Alfaia, Mans Unidas, Fundación Galega contra o Narcotráfico, Amas de Casa, Asociación de Loita contra o Cancro, Centro Pen de Galicia, Club Náutico de Riveira e demais colectivos sociais, e autoridades da comarca que acudiron á cea benéfica celebrada o pasado sábado 24 de novembro, así como a todos aqueles/as, que ao non poder asistir, contribuíron coas súas achegas á Fila Cero.

Cartel informativo

16-11-2012

Cea Benéfica

O vindeiro 24 de novembro terá lugar a Cea Benéfica, que se ven celebrando dende o ano 2001. O obxectivo da mesma é recadar fondos para continuar co desenvolvemento dos programas de prevención e inserción social das drogodependencias, que esta entidade ten en funcionamento dende hai mais de vinte anos.

Nunha época de crise coma a que estamos vivindo, na que a administración vese obrigada a realizar continuos recortes, é mais importante ca nunca poñer en práctica valores coma a solidariedade e o compromiso social.

Cabichas de porros

15-11-2012

España, líder da Unión Europea en consumo de cocaína e cannabis

España segue, xunto con Reino Unido e Italia, á cabeza da Unión Europea en consumo de cocaína e cannabis, especialmente entre a mocidade, aínda que o uso desas sustancias tende a estabilizarse, segundo o informe anual do Observatorio Europeo das Drogas que se acaba de publicar.

O estudo alerta dos riscos da proliferación de novas drogas sintéticas estimulantes, como as catinonas (estimulante vexetal parecido ó tabaco, que ten efectos semellantes aos das anfetaminas) , e do aumento do uso da metanfetamina.

Ao redor de tres millóns de mozos/as (de 15 a 34 anos) consumiron cocaína polo menos unha vez durante o último ano (o 2,1%). Tanto España (4,4%) como Reino Unido (4,2%) duplican a media comunitaria, mentres que Italia sitúase en terceira posición (2,9%). Os países con menor consumo son Grecia e Romanía (0,2%).

Persoa sen cabeza

02-11-2012

Ata sete de cada dez persoas con adicción ao alcol ou o cánnabis padecen ademais outro trastorno mental

En España estímase que até o 70 % dos adictos/as a algún tipo de sustancia, como o alcol ou o cannabis, padece tamén outro trastorno mental asociado, o que se coñece como patoloxía dual, segundo asegurou o presidente da Sociedade Española de Patoloxía Dual , Nestor Szerman, con motivo das XIV Xornadas Nacionais que esta entidade celebra estes días en Madrid.

Ambos os factores, adicción e trastorno mental, poden actuar "indistintamente" como "causa e consecuencia" da patoloxía dual en función de cada paciente, engadiu o xefe de Servizo de Psiquiatría do Hospital Vall d`Hebrón de Barcelona, Miguel Casas, quen admite que nos últimos anos está a producirse un incremento de casos asociado ao aumento do consumo de drogas en España.

Portada do libro

25-10-2012

Manual: Prevención das drogodependencias e outras condutas aditivas (2012)

Este manual foi froito do esforzo colaborativo de numerosos profesionais do ámbito das drogodependencias. Nace coa vocación de ser un manual de referencia e consulta obrigada para todos aqueles profesionais que desexen ter un coñecemento científico actualizado non exento do necesario debate no mundo das drogas e as súas repercusións na sociedade.

Esta obra vai dirixida principalmente aos profesionais da saúde e a educación que traballan en prevención e tratamento de drogodependencias e outras condutas aditivas e aos estudantes das ramas sociosanitaria e educativa que deben desenvolver competencias en distintos temas relacionados cos procesos preventivos de avaliación e intervención con persoas, maioritariamente novas, que van ter contacto, con toda seguridade, coas drogas, e a posibilidade de levar a cabo outras condutas con alto potencial de xerar adiccións.

Rapaza bebendo

25-10-2012

O goberno español desenvolverá unha nova lei que dificulte o acceso ao alcol dos/as adolescentes.

O Goberno español está a elaborar unha lei estatal que establecerá límites no acceso dos/as adolescentes ao alcol coa que se pretende, segundo sinalou nunha entrevista o delegado do Plan Nacional sobre Drogas, Francisco de Agarrades Babín, dar uniformidade á lexislación existente, xa que hai máis de 900 normas autonómicas e locais "que dunha ou outra maneira" inciden neste tema.

A nova normativa establecerá uns "mínimos comúns" para todo o territorio nacional, entre eles, a homoxeneización da idade legal de consumo e compra de alcol, e incidirá na prevención, dada a súa "alta accesibilidade" e que os "límites que existen non son suficientes".

Grupo de mozos paseando

15-10-2012

Catro de cada dez pais de mozos de entre 12 e 18 anos que consumen alcol permítenlles facelo

Catro de cada dez pais de mozos que consumen alcol recoñecen que lles permiten tomar esta sustancia. Un grao de permisividade que é do 25 % no caso dos mozos e mozas de 12 a 15 anos e de entre o 67 e 69 % no segmento de entre 16 e 18 anos, segundo reflicte o estudo "Mocidade e Alcol", elaborado pola Fundación Pfizer, e que entrevistou a 750 mozos/as de entre 12 e 18 anos, 750 pais e nais e a 175 docentes da ESO e de Bacharelato.

O obxectivo foi analizar as motivacións que ten a mocidade para consumir alcol, os patróns de comportamento e tipoloxías de consumo, as actitudes que manteñen a nivel familiar e educativo, o coñecemento que teñen sobre estas sustancias e as súas consecuencias, así como os valores, crenzas e estereotipos sobre o alcol e o seu consumo.

Muller mirando o mar

09-10-2012

Mulleres sen orgasmos

A anorgasmia, ou falta de orgasmos, é unha das disfuncións sexuais máis frecuentes entre as mulleres. É un problema máis común do que se podería pensar a priori, xa que é un tema do que non se adoita falar pero xera un gran volume de consultas médicas, segundo sinalan os especialistas.

"Nunca tiven un orgasmo e quero saber o que é", confesáballe unha paciente a Ana Lillo, sexóloga do Instituto Madrid. "Hai mulleres de 40 anos que chegaron xa a súa madurez sexual e nunca na súa vida tiveron un orgasmo", confesa esta experta.

Un estudo australiano de 2011, publicado na revista científica “Journal of Sexual Medicine”, afirmaba que ao redor do 35% das mulleres confesou non experimentar nunca un orgasmo. En España, aínda que non hai datos oficiais, os expertos/as aseguran que é un dos problemas máis recorrente en consulta.