07-02-2013
Unha nova vacina para controlar a SIDA sen medicación
Un equipo de investigadores do Hospital Clínic de Barcelona deu un paso de xigante cara ao que a comunidade científica denomina a curación funcional da SIDA cunha vacina que logra reducir temporalmente até un 95% a carga viral da persoa infectada.
Os antirretrovirais permitiron que o VIH xa non supoña a sentenza de morte do/a paciente. Os/as pacientes sobreviven, pero o prezo que han de pagar é un duro tratamento para sempre que tamén ten os seus efectos secundarios.
Entre as estratexias que a comunidade científica baralla para paliar este problema destacan as vacinas terapéuticas, un medio que permitiría aos enfermos/as deixar a medicación por unha simple picada.