Novas

Pés duns rapaces

20-05-2013

Un 15% dos mozos/as españois consume drogas de maneira habitual

Ao redor dun 15% dos mozos/as españois son consumidores/as habituais de drogas, e a decisión de facelo dependerá dos seus valores e proxecto vital. Así se desprende dun estudo elaborado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), en colaboración co Ministerio de Sanidade e a Obra Social de Caixa Madrid, que o pasado ano sondou a 750 consumidores habituais de 18 a 25 anos para coñecer as súas pautas de consumo e a súa percepción do risco e da vida ao redor destes hábitos.

Rapaces collidos da man

30-04-2013

A Lei que unificará a idade de acceso ó alcohol ós 18 anos prohibirá o consumo, a venta e a dispensación a menores

En España, a idade de inicio dos escolares no consumo de alcol sitúase, de media, nos 13,7 anos. Este problema, agrávase se se ten en conta que é común que os/as adolescentes consuman catro ou cinco bebidas alcohólicas nun só día, normalmente durante o fin de semana e pola noite. Así o revelan as últimas enquisas elaboradas pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Para combater este problema, a ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou que traballa para elaborar unha norma que, por primeira vez en España, unifique aos 18 anos a idade mínima para o acceso ao alcol.

Mans no teclado dun ordenador

29-04-2013

Como previr a adicción tecnolóxica nos nenos/as

"Os nenos/as nacen hoxe en día nunha contorna tecnolóxica e moitos pais e nais tenden a usar os computadores, os iPads e os smartphones coma se fosen coidadores", declarou o doutor Richard Graham, o psiquiatra do hospital Capio Nightingale de Londres que deu esta semana a voz de alarma polos casos de adicción na tenra infancia. "Se ao neno/a se lle deixa longas horas imantado a unha pantalla, e se ve aos seus pais e nais facendo o mesmo, estamos a crear as condicións para unha relación enfermiza coa tecnoloxía".

Paquete de cigarros

16-04-2013

As imaxes de advertencia nos paquetes de tabaco non son o "suficientemente impactantes"

As imaxes preventivas que dende a Comunidade Europea se propón para incluír nos paquetes de tabaco e reducir así o seu consumo non teñen o impacto emocional desexado nos fumadores/as, porque só a unha parte parécenlles realmente desagradables. Estas son algunhas das conclusións dunha investigación realizada no departamento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Granada.

O equipo de investigadores/as realizou dous estudos complementarios sobre o mesmo tema. No primeiro deles, publicado na revista "Tobacco Control", recompilaron a opinión subxectiva de 597 participantes, distribuídos en seis grupos de idade: 13-14, 15-16, 17-18, 19-20, 21-22 e máis de 23 anos, a quen se presentou unha batería formada por 35 imaxes preventivas relacionadas co tabaco propostas pola Comisión Europea.

Muller embarazada

14-04-2013

Máis nicotina, menos embarazos

A evidencia acumulada de varios estudos realizados sobre parellas que buscan descendencia desvela que o consumo de tabaco atrasa considerablemente o tempo de concepción. Así, no caso das parellas que, por razóns de infertilidade, sométense a un tratamento de fecundación "in vitro", requiren o dobre de intentos, doses máis altas de gonadotrofinas para estimular os ovarios, un número de ovocitos menor, ciclos cancelados e taxas baixas de implantación embrionaria.

Así o explica o doutor Miguel Anxo Vincenti, xinecólogo especialista en reprodución asistida do hospital Quirón Torrevieja, quen aclara neste sentido que o consumo de tabaco produce unha menor concentración de antioxidantes no sangue producindo un efecto antiestroxénico con niveis alterados das hormonas esteroideas e as seus metabolitos. As hormonas que regulan todo o proceso da reprodución e que ven alteradas pola toxicidade da nicotina alteran a fertilidade.

Man con escaiola

26-03-2013

Fumar tamén prexudica a curación das fracturas

O fume do tabaco parece non ter barreiras. Unha vez que entra no organismo, é capaz de danar aos pulmóns, ao cerebro, ás arterias... e tamén aos ósos, segundo demostra unha investigación que acaba de presentarse no Congreso da Academia Americana de Cirurxía Ortopédica.

Unha revisión de estudos demostra que fumar tamén afecta á curación das fracturas, atrasando e dificultando unha consolidación adecuada dos ósos. Despois de repasar 20 traballos que se publicaron sobre o tema na literatura médica, os autores deste traballo atoparon que os fumadores/as tiñan un risco 2,3 veces maior de que as súas fracturas de ósos longos -como o fémur ou a morna- non se unisen adecuadamente tras un accidente.

Moza sentada no chan

07-03-2013

"Drunkorexia": alcoholismo e anorexia

Trátase dun novo trastorno alimenticio que segundo o doutor Adelardo Caballero, especialista no aparello dixestivo no Instituto da Obesidade, consiste en non inxerir alimentos co obxectivo de poder beber alcol sen aumentar de peso.

E é que á vez que se incrementa o consumo de alcol en forma de atracón -máis de cinco bebidas en dúas horas no caso dos homes e máis de catro no das mulleres-, como revela a última enquisa sobre Alcol e Drogas 2011-2012, non cesa de elevarse a prevalencia dos trastornos alimenticios.

"A tendencia a deixar para comer durante horas ou apenas comer durante o día para compensar as calorías inxeridas coas bebidas está a estenderse, sobre todo entre as mozas novas", confesou o experto, que dirixe un equipo multidisciplinar de especialistas sobre este problema no Instituto da Obesidade.

Radiografía do cerebro

22-02-2013

Variantes xenéticas relacionadas co alcoholismo

Investigadores da Universidade do País Vasco (UPV) determinaron a frecuencia de variantes xenéticas relacionadas co alcoholismo na poboación española, e a súa incidencia tanto en persoas dependentes do alcol, nun estudo publicado en Addiction.

O gran tamaño da mostra (1.533 individuos) posibilitou a súa división por sexos e o axuste por variables ambientais que inciden no consumo de alcol, o que confire os resultados obtidos unha gran fiabilidade, segundo os/as autores.