12-08-2013
As persoas vulnerables a desenvolver alcoholismo presentan unha resposta cerebral distintiva ao beber
As persoas que son vulnerables a desenvolver alcoholismo presentan unha resposta cerebral distintiva ao beber alcol, segundo un estudo realizado polo profesor Marco Leyton, do Departamento de Psiquiatría da Universidade de McGill, en Montreal (Canadá).
En comparación coas persoas con baixo risco de problemas de consumo de alcol, os de alto risco mostran unha maior resposta á dopamina nunha vía cerebral, o que aumenta o desexo de recompensa, como conclúe a investigación, cuxos resultados publica a revista Alcoholism: Clinical & Experimental Research , e que poderían supor un paso importante cara ao desenvolvemento de opcións de tratamento.