Novas

Cartel da campaña

28-05-2014

A OMS avoga por maiores impostos ao tabaco para salvar máis vidas

Para o Día Mundial Sen Tabaco 2014, a OMS e os seus asociados fan un chamamento aos países para que aumenten os impostos ao tabaco.

O obxectivo primordial do Día Mundial Sen Tabaco é contribuír a protexer ás xeracións presentes e futuras non só das devastadoras consecuencias do tabaco para a saúde, senón tamén dos flaxelos sociais, ambientais e económicos que se derivan do consumo de tabaco e da exposición ao fume que desprende.

Persoas bebendo alcol

14-05-2014

A OMS pide aos gobernos que redobren os seus esforzos para previr as defuncións e as enfermidades relacionadas co alcol

Segundo un novo informe publicado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), en 2012 producíronse 3,3 millóns de defuncións no mundo, provocadas polo uso nocivo do alcol. O consumo de alcol non só pode causar dependencia, senón que tamén aumenta o risco de que as persoas padezan máis de 200 enfermidades, entre elas cirroses hepática e diversos cancros. Ademais, o consumo nocivo de alcol pode relacionarse coa violencia e os traumatismos.

No informe tamén se chega á conclusión de que o uso nocivo do alcol fai que as persoas sexan máis vulnerables ás enfermidades infecciosas, como a tuberculose e a pneumonía.

Parella de mozos

29-04-2014

Un de cada catro novos casos de VIH en España dáse en menores de 29 anos

A incidencia do VIH en España continúa crecendo cada ano, especialmente entre a poboación xuvenil, como mostra que un 24,5 por cento dos 3.200 novos casos que se detectan cada ano danse en mozos/as de 20 a 29 anos, segundo destacaron diferentes expertos/as durante a presentación da campaña “Noise against AIDS”, gañadora dun concurso organizado pola Coordinadora Estatal de VIH-SIDA (Cesida) e Janssen para previr os novos contaxios entre a comunidade universitaria.

Cartel informativo

29-04-2014

Foro profesional: Os retos da prevención de drogodependencias no século XXI

A Fundación Galega contra o Narcotráfico, o Servizo Municipal do Concello de Riveira e a Asociación Renacer organizaron no Pazo de Baión, en Vilanova de Arousa, un Foro de Debate Profesional baixo o título "Os Retos da Prevención de Drogodependencias no século XXI"

O obxectivo principal desta xornada foi recoller suxestións e achegas que permitan mellorar a prevención de drogodependencias na nosa sociedade, propostas baseadas no coñecemento e a experiencia dos/as profesionais convocados/as, que traballan en contacto directo co problema das drogodependencias en Galicia.

Cartel informativo

16-04-2014

Curso mediadores/as xuvenís en prevención de drogodependencias

A Asociación Renacer organiza o Curso de mediadores/as xuvenís en prevención de drogodependencias o vindeiro mes de xuño. O obxectivo do mesmo é promover a adopción e estilos de vida saudables e de ocupación do tempo libre entre os/as adolescentes e mozos/as de Riveira, a través da implicación e participación da poboación xuvenil nas actividades de ocio xuvenil.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas maiores de idade (de 18 a 29 anos) con especial interese en traballar no eido das drogas e/ou que colaboren con entidades sociais, culturais (educadores/as sociais, traballadoras/es sociais, pedagogas/os, psicólogos/as, sociólogos/as, e estudantes en xeral).

Portada do informe

10-04-2014

Os mozos/as que non usan as redes sociais: "raros/as" ou "independentes"

A rápida implantación das novas tecnoloxías na vida das novas xeracións fixo que os mozos/as que non usan ou non frecuentan as redes sociais sintan que están en risco claro de exclusión e marxinación por parte do seu grupo de iguais. A maioría percibe que ou todo pasa nas redes sociais, ou as cousas que pasan fóra xestiónanse e prepáranse nelas, polo que quen non participa desta dinámica relacional é considerado "raro/a" ou "independente".

Esta é unha das variadas conclusións extraídas da última investigación realizada polo Centro Raíña Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, denominado "Mozos e Comunicación: A pegada do virtual" e que foi presentado polo director xeral e o director técnico da Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD), Ignacio Calderón e Eusebio Megías, respectivamente.

Cartel da campaña

31-03-2014

Unha hiena e un emú, protagonistas da nova campaña de sensibilización sobre drogas da FAD

Poderías realizar unha entrevista de traballo acompañado dunha hiena?. E estudar para un exame cun emú na túa habitación?. Probablemente non. Pois consumindo drogas, tampouco. Este é o concepto creativo sobre o que se sustenta a última campaña de sensibilización sobre o consumo de drogas presentada hoxe polo director xeral da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), Ignacio Calderón.

Co slogan “Crees que as drogas che axudan?” o seu obxectivo é cuestionar a hipotética funcionalidade que o consumo de drogas pode ter para determinadas actividades ou como poden interferir en procesos fundamentais da vida como pode ser estudar ou realizar unha entrevista de traballo.

Rapaz empregando o ordenador

20-03-2014

Unha campaña educativa para previr tecnoadiccións: ControlaTIC

ControlaTIC é unha campaña dirixida a familias, profesorado e alumnado desenvolvida por Fundación Mapfre coa colaboración do Grupo Siena e "Protégelos" sobre tecnoadiccións. Os obxectivos son: sensibilizar á poboación sobre a necesidade de desenvolver unha boa saúde dixital, dotar aos menores para que adquiran hábitos adecuados no uso controlado e seguro das TIC, informar as familias sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación e proporcionar aos educadores e profesores materiais prácticos e flexibles.

A razón de ser desta proposta educativa radica nos datos obtidos dun proxecto de investigación, financiado pola Comisión Europea e realizado en sete países, que contou coa colaboración de "Protégelos" en España. Segundo este estudo, o 21,3% dos/as adolescentes españois está en risco de ser adicto/a a internet polo tempo que dedica a navegar pola Rede, fronte ao 12,7% da media europea.

Portada do informe

06-03-2014

O consumo de alcohol aumenta entre os/as escolares

Segundo os datos que recolle a Enquisa Escolar sobre Uso de Drogas en Estudantes de Ensinos Secundarios (ESTUDES) 2012-2013 o consumo de alcol entre os/as escolares de entre 14 e 18 anos aumentou nos últimos dous anos. A pesar deste aumento, sobe lixeiramente a idade de inicio no consumo de bebidas alcohólicas, que se sitúa nos 13,9 anos. Tamén se confirma a tendencia descendente no consumo de cannabis, que se reduciu nun 36% desde 2005 entre os/as escolares.

Desde o Plan Nacional sobre Drogas volveuse a subliñar a aposta do Goberno por previr o consumo de alcol entre os/as menores, alertou do arraigamento do fenómeno do “botellón” entre os/as menores e da elevada frecuencia das bebedeiras e dos atracóns de bebidas alcohólicas, cuxo uso se está xeneralizando.

Cocaína en po

18-02-2014

O consumo de cocaína incrementa o risco ictus

O ictus xa non é unha enfermidade exclusiva da terceira idade. A cara do infarto cerebral ten cada vez menos anos, debido sobre todo aos malos hábitos alimentarios e a falta de exercicio que caracterizan á sociedade do século XXI. Non obstante, a dieta e o sedentarismo non son os únicos culpables deste cambio. Outros factores, como o consumo de drogas, tamén están a achegar o seu particular gran de area ao “rexuvenecemento” do ictus.