Novas

persoa bebendo alcohol

14-05-2015

As mortes por alcohol superan ás xeradas pola VIH/SIDA, violencia e tuberculose

Os españois beben, de media, uns 9,8 litros de alcohol puro por persoa, por riba da media dos países da OCDE que está en nove litros. No caso das mulleres son as españolas con maior nivel educativo as máis propensas a facer un consumo de risco, mentres que nos homes os máis bebedores son aqueles que teñen menos estudos.

A pesar de ter unha das taxas máis baixas de impostos para tódalas bebidas alcohólicas e unha lexislación moi laxa en canto á regulación de patrocinios, advertencias sanitarias sobre produtos alcohólicos España ten certa tendencia á baixa no tocante ao consumo de alcohol en comparación cos 40 países da OCDE que presenta un descenso do 2,5% nos últimos 20 anos.

Persoa consumindo droga de sintese

07-05-2015

Que son as drogas sintéticas

Reciben o nome de drogas sintéticas aquelas que se fabrican a través de procesos químicos e que, a diferenza da cocaína ou a marihuana, non se obteñen dun vexetal senón a partir de cambios moleculares realizados en laboratorios para lograr resultados psicoactivos. En moitas ocasións, son principios activos abandonados polas industrias farmacéuticas, polos seus efectos indesexables que son rescatados para ser utilizadas como sustancias de abuso.

A fabricación en laboratorios clandestinos e o descoñecemento da súa composición final, convérteas en especialmente perigosas, porque os seus efectos non son claramente previsibles. Estas son distribuídas en forma de pastillas, cápsulas, pos ou líquidos.

Xóvenes facendo uso do alcohol para ligar

05-05-2015

Un estudio vincula o consumo de alcohol e outras drogas con prácticas sexuais de risco

Os mozos europeos máis asiduos a bares e discotecas nocturnos recorren ao alcohol como aliado para atopar un compañeiro sexual. A cocaína e o cannabis, pola contra, son as sustancias elixidas para prolongar a excitación. Unha enquisa levada a cabo en varios países comunitarios, entre eles España, pon sobre a mesa o problema sanitario que representa o crecente uso lúdico de alcohol e drogas.

A iniciativa acábase de publicar na revista de acceso libre BMC Public Health, e os seus autores insisten dende o principio en que os seus resultados coinciden cos de traballos anteriores na mesma liña, aínda que non pretenden ser representativos de toda a mocidade europea.

Parella de adolescentes bicándose

29-04-2015

O ESPERTAR DA SEXUALIDADE

É importante ensinar habilidades sociais para que os/as xóvenes tomen decisións propias, sen deixarse levar unicamente pola presión do seu grupo de iguais, nin actuar por mimetismo levando a cabo condutas polo simple feito de non ser distintos/as aos demais.

A adolescencia é unha etapa de cambios, descubrimentos e de erros, etapa na que se forman os cimentos do que seremos despois. Non tódolos/as xóvenes crecen do mesmo xeito, pero si hai factores comúns que os fan a todos vulnerables. Entre eles un dos máis importantes é o espertar á sexualidade e a busca do propio pracer: os primeiros bicos, aloumiños, relacións.

Xóvenes bebendo

09-04-2015

Crece a precocidade dos xóvenes no consumo de alcohol e outras drogas.

A idade de inicio dos mozos/as galegos que consumiron cocaína descendeu ata os 14,9 anos de idade.

O coordinador do informe da USC Antonio Rial Boubeta considera que “os pais deben retomar estratexias para saber con quen están os nosos fillos/as e á que hora chegan á casa”.

E nos engadiriamos ademais de todo o anterior en que estado chegan?.

embarazada co símbolo de prohibido alcohol na sua barriga

06-04-2015

O consumo de alcohol durante o embarazo deixa secuelas irreversibles nos nenos/as.

O Síndrome de alcoholismo fetal (SAF) é una das causas máis coñecidas do retraso mental.

O trastorno do espectro do Síndrome Alcohólico Fetal é bastante frecuente e ao mesmo tempo pouco recoñecido como debido ao consumo de alcohol por parte da futura nai durante o embarazo.

A pesares de que se pode previr, seguen nacendo nenos/as con este trastorno que ten unhas consecuencias que afectan ao neno/a, a familia e a sociedade en xeral.

Dito trastorno experimentou un aumento considerable nos últimos anos, así un estudo norteamericano cifrou un total de nenos/as con SAF en EEUU en torno ao 2,4 e 4,8%.

Botella baleira

26-03-2015

O 60 por cento dos mozos non vai a un botellón para beber

A Fundación Alcohol e Sociedade cre que a prevención resulta moito máis eficaz ca prohibición. Esta Fundación leva máis de 15 anos desenvolvendo programas preventivos nas escolas, dirixidos a adolescentes.

Entre os resultados obtidos, cabe destacar os déficits por parte dos adolescentes para dicir NON.

Grupo de adolescentes cos móbiles

19-03-2015

Screening do uso problemático de internet entre os adolecentes da comunidade galega

Levouse a cabo un estudo que tentou analizar o emprego problemático de internet, por parte dos adolescentes na nosa comunidade e os resultados dos mesmos, aínda que non son drásticos, si nos debería poñer en alerta a tódolos pais/nais para que non teñamos que lamentarnos logo de posibles consecuencias fatais. Lembremos que a prevención é unha das mellores medidas coas que debemos contar e poñer en marcha no proceso educativo.

imaxe do cortiza frontal dun cerebro

17-03-2015

A base científica das adiccións

Hoxe sábese que os adictos á marihuana, a cocaína, a heroína e outras drogas legais como o alcol e o tabaco, non o son pola súa vontade: diversas disfuncións do seu cerebro non os deixan vencer a súa adicción. O cerebro humano é moito máis complexo que o dos monos ou os ratos, pero estes animais axudaron ás nosas investigacións.

Descubrimos, por exemplo, que a dopamina, un neurotransmisor cerebral, xoga un rol esencial. Se comer un chocolate ou aspirar cocaína por primeira vez se sente como un estímulo pracenteiro, o cerebro libera dopamina e activa os centros do pracer. Se mañá repítennos o estímulo, só con mirar o chocolate ou a cocaína sentimos o impulso e a liberación da dopamina.

Persoa baixo os efectos dunha sustancia

06-03-2015

O consumo de cocaína e outras drogas ilegais, en mínimos históricos na poboación española

O consumo de cocaína e doutras drogas ilegais, como a heroína, atópase en mínimos históricos na poboación xeral española (de 15 a 64 anos). É unha das conclusións da Enquisa Domiciliaria sobre Alcol e outras Drogas 2013/2014, presentada polo delegado do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, Francisco Babín.

Aínda que descende lixeiramente o consumo de cannabis na poboación xeral, dos novos consumidores, o 36% son menores.