Novas

Cartel informativo

25-04-2016

Mocidade, Alcohol e outras Drogas: o problema de sempre, o reto de hoxe

O vindeiro xoves 5 de maio, as sete da tarde, terá lugar na aula do centro cultural Manuel Lustres Rivas, a charla coloquio “Mocidade, Alcohol e outras Drogas: o problema de sempre, o reto de hoxe. Claves para unha mellor prevención”. Intervirán como poñentes o Prof. Dr. Antonio Rial Boubeta da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e Dna. Sandra Golpe Ferreiro, investigadora pre-doctoral

Man con cigarro

21-03-2016

Os nenos/as de nais fumadoras teñen máis de risco de padecer problemas respiratorios

Os nenos/as menores de dous anos cuxas nais fumaron durante o embarazo teñen un 11 % máis de risco de desenvolver problemas respiratorios que os/as que non estiveron expostos ao fume de tabaco, segundo mostrou unha investigación liderada polo codirector e investigador do CREAL, Manolis Kogevinas, e que foi publicada na revista “European Respiratory Journal”.

Así mesmo, o traballo tamén constatou que o risco de síntomas respiratorios increméntase de maneira aínda máis notable cando máis sostida é a exposición ao fume nas diferentes fases previas e posteriores ao embarazo. Deste xeito, nos nenos/as expostos de maneira pasiva ao tabaco durantea xestación, e tamén despois do parto, o risco de sibilancias incrementouse nun 29 %.

Cartel informativo do estudo

15-02-2016

Diminúe o consumo de todas as drogas na poboación entre 14 e 18 anos

O consumo de drogas na poboación escolar de entre 14 e 18 anos diminuíu no noso país nos últimos dous anos. Esta redución obsérvase en todas as sustancias psicoactivas analizadas, até un total de 18, aínda que se dá de forma máis acusada nos consumos intensivos de alcol (bebedeiras e consumo en atracón). Tamén diminúe a dispoñibilidade percibida para todas as drogas, excepto para o alcol.

Os datos recólleos a Enquisa sobre Uso de Drogas en Estudantes de Ensinos Secundarios (ESTUDES) 2014-2015, que se deu a coñecer dende o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Cigarro apagado

29-01-2016

O consumo de marihuana incrementa o risco de sufrir cancro de testículo

Un novo estudo sinalou que o uso recreativo ou medicinal desta droga pode estar relacionado co desenvolvemento de varios subtipos de cancro de testículo, que na súa maioría poden derivar nun prognóstico peor.

Un novo estudo da Universidade do Sur de California publicado na versión “online” de revista “Cáncer”, suxire que os potenciais efectos canceríxenos da marihuana nas células testiculares deben ser tomados en conta, non só nos homes que a consomen de forma recreativa, senón naqueles homes que a utilizan con fins terapéuticos.

Cartel informativo

17-11-2015

“Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”

A Asociación Renacer puxo xa en marcha “Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”, correspondente ó curso 2015-2016, nos centros educativos do Concello de Riveira.

A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.

Polo tanto, a escola é un escenario clave para realizar intervencións de promoción da saúde. O obxectivo da prevención neste ámbito é que os alumnos/as consigan o maior grao posible de saúde a partir da adquisición de coñecementos e habilidades que favorezan o desenvolvemento de estilos de vida saudables dende unha perspectiva integral, a nivel intelectual, afectivo e social.

Cartel informativo do acto

23-10-2015

Cea Benéfica 25 Aniversario

O vindeiro día sete de novembro terá lugar a nosa cea benéfica anual na que este ano, ademais, conmemoramos o noso 25 aniversario.

Desde a constitución no ano 1990, a Asociación Renacer pretendeu manter unha liña innovadora nas súas estratexias e programas, apostando pola prevención e inserción dos riscos das drogas mediante actuacións no ámbito da educación formal e informal en todos os niveis: escola, familia e comunidade.

Precisamente agora, 25 anos despois, o obxectivo da cea é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento posto que, por mor da crise que o noso país vén atravesando nos últimos anos, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Cartel informativo do acto

16-10-2015

Guía de pais e nais “Crecendo con eles e elas”

Con motivo da celebración do noso 25 aniversario ao longo de todo o ano vimos desenvolvendo actividades para celebrar dita efeméride e entre elas elaboramos, en colaboración co Concello de Riveira, unha guía de pais e nais baixo título “Crecendo con eles e elas”.

Con esta guía pretendemos recompilar os temas que ó longo destes últimos anos vimos traballando nas Escolas de Pais e Nais e nos diferentes obradoiros realizados cos proxenitores/as, polo que, se recollen unha serie de orientacións que proporcionan ós pais/nais un recurso de información, consulta e, ao mesmo tempo de reflexión sobre a “tarefa de ser pai/nai”.

Mozo escoitando música

14-10-2015

A que idade debe un menor empezar a usar un smartphone?

É o gran interrogante de moitas familias que senten presionadas e desorientadas ante esta decisión que nun momento ou outro han de tomar. Non existen receitarios que indiquen a que idade exacta para comprar un teléfono móbil aos nosos fillos/as. A pedagoxía non é unha ciencia matemática. Si existen estudos que poden orientar de ao redor de que idade é o máis apropiado, pero en calquera caso depende de moitas circunstancias: a madurez do/a menor, o contexto familiar, o lugar de residencia…

Cartel informativo da xornada

10-09-2015

Xornada “25 Anos na prevención”

Con motivo da conmemoración do noso 25 aniversario a Asociación Antidroga Renacer de Riveira, organizamos unha xornada baixo titulo “25 Anos na prevención”.

O obxectivo desta xornada é reflexionar sobre o realizado ata a actualidade no campo da prevención das drogodependencias e brindar un espazo onde aportar e construír novas propostas de actuación, facilitando a participación e proximidade de entidades, profesionais, persoas voluntarias e de todos os interesados neste campo, co ánimo de contribuír á consolidación dunha sociedade cada día más saudable.

Caixas de cigarros

28-08-2015

As advertencias sanitarias e as fotos ocuparán máis espazo nos paquetes de tabaco

As advertencias sobre os efectos nocivos do tabaco para a saúde e as fotos que as ilustran, ademais de ser novas, ocuparán máis espazo nos paquetes de cigarros ao pasar dun 40% da superficie exterior do envase ao 65%, unha vez que España conclúa a transposición dunha directiva europea.

O Ministerio de Sanidade xa elaborou o borrador do real decreto polo que se regulan a fabricación, presentación e venda dos produtos do tabaco e os produtos relacionados, que responde á transposición da directiva nesta materia, e que se atopa en trámite de alegacións.