Novas

Pastillas do medicamento preventivo

21-09-2016

Apróbase o uso de Truvada® como profilaxis preexposición na Unión Europea

A Comisión Europea aprobou o uso de fármaco Truvada® (un comprimido que combina os antirretrovirais tenofovir e emtricitabina) para o seu uso unha vez ao día como profilaxis preexposición (PrEP) fronte á transmisión por vía sexual do VIH. Este é o primeiro fármaco antiretroviral que se aproba en Europa para a profilaxis preexposición, en combinación con prácticas sexuais máis seguras, para reducir o risco de adquirir o VIH por vía sexual en persoas adultas en situación de elevada vulnerabilidade fronte ao virus.

No entanto, aínda que esta autorización de comercialización dá luz verde ao uso de Truvada® como PrEP na Unión Europea, serán as autoridades competentes de cada país as que decidan se lle dan o visto e prace e os sistemas sanitarios nacionais terán que decidir en que condicións se dispensará.

Debuxo dun cerebro humano

07-09-2016

A adicción “non” é unha enfermidade cerebral

A continuación deixamos un pequeno extracto dun artigo de opinión do Catedrático de Psicoloxía Clínica, Elisardo Becoña Iglesias sobre a concepción da adicción como enfermidade. Pódese consultar o artigo enteiro premendo aquí.

Nos últimos anos consolidouse a idea no campo médico-psiquiátrico de que a adicción é unha "enfermidade cerebral" como xa así recolle o DSM-5. No artigo analízase como xurdiu e consolidouse esta idea, as críticas que recibiu, as consecuencias profesionais se este modelo faise hexemónico, xunto aos intereses subxacentes ao mesmo. Conclúese defendendo a necesidade de mostrar achegas ao campo das adiccións, como o das variables psicolóxicas que son necesarias para a comprensión das adiccións, para a súa prevención, xunto co papel central do tratamento psicolóxico pola súa eficacia nas mesmas. Tamén debemos denunciar os reduccionismos, como o que representa o modelo de enfermidade cerebral fronte a un modelo biopsicosocial das adiccións.

Grupo de mozos

12-08-2016

O consumo de drogas por estudantes de ensinanza secundaria en Galicia é inferior á media estatal

A prevalenza do consumo de drogas por mozos/as galegos/as de entre 14 e 18 anos é inferior á media estatal, segundo se desprende dos resultados da Enquisa sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES), realizada pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas.

Segundo explicou o subdirector xeral de Programas de Fomento e Estilos de Vida Saudables, Jorge Suanzes, en 2014 -ano da última mostraxe- analizáronse 18 sustancias psicoactivas, e a enquisa amosa que, en Galicia, a substancia máis consumida polos/as estudantes é o alcohol, por encima do tabaco e o cánnabis. Tamén constata que o consumo de drogas ilegais está máis estendido nos homes e o de drogas legais -tabaco, alcohol ou hipnosedantes- entre mulleres. En todos os casos, excepto no de hipnosedantes, aumenta coa idade.

Portada do estudo

15-07-2016

Tendencias en adiccións en España

A UNAD presentou as conclusións do estudo sobre tendencia de adiccións e perfil das persoas atendidas por UNAD en 2015. O traballo, que se presenta hoxe, foi elaborado polo Colexio de Sociólogos e contou coa colaboración de 137 entidades adscritas á rede UNAD.

O perfil das persoas que solicitaron atención por problemas de adiccións o pasado ano é o dun home (61%), adulto de entre 26 e 44 anos (60%). As drogas máis consumidas entre as persoas que solicitaron axuda a UNAD son en primeiro lugar o alcol (25%), en segundo lugar a cocaína (24%), seguida do cannabis (21%). Hai que sinalar que o 80% das persoas que demandaron axuda son consumidoras de varias sustancias.

Pastillas  do medicamento preventivo

08-07-2016

O uso adecuado da profilaxis preexposición(PrEP) leva un risco moi baixo de adquirir o VIH

Unha análise conxunta dos 30 principais estudos sobre a PrEP reflicte unha baixa incidencia da transmisión do VIH, practicamente sempre relacionada cunha mala adherencia.

Unha análise conxunta de máis de 30 estudos concluíu que cando a profilaxis preexposición (PrEP, nas súas siglas en inglés) utilízase de forma adecuada, o risco de adquirir a infección por VIH é extremadamente baixo. De feito, a taxa de transmisión entre as persoas que tomaban PrEP estableceuse en 1 caso por cada 100 persoa-anos de seguimento e a maior parte das infeccións déronse en persoas que non tomaban de forma constante a PrEP.

Cartel da campaña

23-06-2016

26 de xuño: Por un mundo libre de drogas

Con motivo da conmemoración, o domingo 26 de xuño, do Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, a Asociación Renacer despregará a partir do xoves día 23 unha pancarta desde o balcón do edificio do concello, ao obxecto de xerar unha reflexión acerca de que como o consumo destas sustancias constitúe un do vinte principais factores de risco para a saúde a nivel mundial.

Lata de refresco enrrugada

17-06-2016

Bebidas enerxéticas: o que realmente conteñen

Os expertos/as alertan do abuso das bebidas enerxéticas.

A cafeína e o azucre son os ingredientes principais dos enerxéticos e preséntanse en grandes cantidades. Este tipo de bebidas son sintéticas, creadas en laboratorios para conseguir os seus efectos enerxéticos e aínda que algúns compoñentes por si mesmos non son un perigo, si poden selo ao mesturarse coa cafeína.

Mapamundi realizado con tabaco

27-05-2016

Tabaco: datos e cifras

Segundo o último informe da OMS:

- O tabaco mata até á metade dos seus consumidores/as.

- O tabaco mata cada ano a case 6 millóns de persoas, das que máis de 5 millóns son consumidores/as do produto e máis de 600 000 son non fumadores/as expostos ao fume de tabaco alleo.

- Case o 80% do mil millóns de fumadores/as que hai no mundo viven en países de ingresos baixos ou medios.

Cartel informativo

25-05-2016

Día Mundial Sen Tabaco 2016: Prepárate para o empaquetado neutro

O 31 de maio de cada ano a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sen Tabaco para facer fincapé nos riscos sanitarios asociados ao consumo de tabaco e avogar por políticas eficaces que contribúan a reducir o devandito consumo.

Con ocasión do Día Mundial Sen Tabaco 2016, a OMS fai un chamamento a todos os países para que se preparen para o empaquetado neutro dos produtos de tabaco.

O empaquetado neutro é unha importante medida de redución da demanda que diminúe o atractivo dos produtos de tabaco, restrinxe o uso dos paquetes de tabaco como soportes para publicitar e promover o tabaco, limita o empaquetado e etiquetaxe enganosos e aumenta a eficacia das advertencias sanitarias.

Portada do estudo

06-05-2016

Alcohol, Drogas e Uso Problemático de Internet entre Adolescentes do Concello de Riveira

A continuación presentamos os resultados do estudo que se levou a cabo, a través dun acordo de colaboración entre a Asociación Renacer e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O estudo, titulado “Modelización do consumo abusivo de alcol en adolescentes: variables predictoras, comorbilidade, perfís de risco e validación dun programa de prevención”, forma parte dun proxecto de investigación, financiado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade que actualmente se atopa súa segunda fase, na que se pretende facer un screening (cribado) do consumo de alcol e outras drogas por parte dos/as estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Medios e analizar as claves ou variables subxacentes, para posteriormente deseñar programas de prevención realmente eficaces.

Ademais, este estudo permítenos coñecer os datos r irá a cada centro educativo (e o Concello no seu conxunto) dispor de datos, sobre o uso problemático de Internet e as redes sociais, un tema que tamén está a suscitar moita preocupación social e que está relacionado co consumo de sustancias.