Novas

Dúas pastillas

19-05-2017

O tratamento antirretroviral aumenta a esperanza de vida en 10 anos nos países occidentais

Grazas ao tratamento antirretroviral, a esperanza de vida dos mozos/as europeos/as e norteamericanos/as co VIH aumentou en 10 anos. Este aumento débese en gran medida ás melloras nos fármacos antirretrovirais, os programas de prevención e diagnóstico precoz, as melloras no manexo do VIH resistente, a redución das interaccións medicamentosas e o mellor manexo das infeccións oportunistas e as comorbilidades. Todo iso conseguiu unha redución progresiva da mortalidade, en especial daqueles que empezaron o tratamento entre 2008 e 2010, segundo puideron observar os autores deste estudo publicado en The Lancet HIV a semana pasada.

448px-Truvada_pill_flask

21-04-2017

Escocia aproba o uso de Truvada® como profilaxe preexposición ao VIH

O Consorcio Escocés de Medicamentos (SMC, nas súas siglas en inglés) anunciou recentemente que deu a súa aceptación ao Servizo Nacional de Saúde de Escocia (SNHS) para o uso de Truvada® (tenofovir disoproxil fumarato [TDF]/emtricitabina) como profilaxe preexposición ao VIH (PrEP).

O anuncio foi realizado nun comunicado de prensa feito público en abril de 2017. O SMC afirma que se acepta o uso de Truvada® para axudar a previr a infección por vía sexual do VIH-1 en adultos que estean en situación de risco elevado de adquirir o virus e sinala que a PrEP con tenofovir (TDF)/emtricitabina constitúe un aspecto máis da estratexia preventiva do VIH e debe utilizarse en combinación cunhas prácticas sexuais seguras.

e-cigarette-1301664_1920

21-03-2017

Os cigarros electrónicos presentan igual risco de severidade do ictus que o tabaco

O vapor do cigarro electrónico (e-cigarro) pode expor un risco igual ou mesmo maior que fumar tabaco para empeorar un accidente cerebrovascular, segundo conclúe un estudo preliminar realizado en ratos e cuxas conclusións se presentan na Conferencia Internacional de Ictus 2017, organizada pola Asociación Americana do Corazón.

Man de cor morada

08-03-2017

8 de marzo. Día Internacional da Muller

A Asociación Antidroga Renacer de Riveira adherímonos ao Manifesto de UNAD que reivindica a situación das mulleres con problemas de adiccións con motivo do 8 de marzo.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a rede UNAD quere dar visibilidade á situación que sofren as mulleres con problemas de adiccións, unha realidade marcada pola discriminación en todos os ámbitos, que condena á maioría á máis profunda inxustiza.

SALTAPLANETAS

27-02-2017

A FAD lanza un xogo en liña para previr o consumo de alcol en adolescentes

A FAD e a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, coa colaboración da Fundación Reina Sofía, puxeron en marcha en toda España a xincana virtual Saltaplanetas, un programa para previr os posibles problemas relacionados cos consumos de alcol en adolescentes de 12 a 14 anos. Saltaplanetas consiste na realización -a través de Internet- dunha actividade que expón unha serie de xogos relacionados entre si, coa finalidade de facilitar momentos de reflexión en torno ao consumo de alcol. A inscrición é gratuíta e realizarase exclusivamente a través da páxina web www.saltaplanetas.org. O prazo para participar finaliza o 19 de maio de 2017.

sin-t--tulo-sida

30-11-2016

1 de decembro de 2016: Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

sin-t--tulo_1

04-11-2016

Cea Benéfica

A Asociación Renacer celebrará o vindeiro 26 de novembro a súa tradicional Cea Benéfica. O obxectivo da mesma é é recadar fondos para poder continuar co desenvolvemento dos programas e servizos que esta entidade ten en funcionamento posto que, por mor da crise que o noso país vén atravesando nos últimos anos, seguimos sufrindo importantes recortes nas subvencións que percibimos, o que dificulta en gran medida o noso funcionamento.

Cartel informativo

26-10-2016

Ensinando a crecer: Escola de Pais e Nais

A Asociación Antidroga Renacer pon en funcionamento a Escola de Pais/Nais “Ensinando a crecer”, correspondente ó curso 2016/2017. Esta actividade articulase coma un espazo de información, formación e reflexión sobre aspectos relacionados coas funcións parentais.

É un recurso de apoio ás familias con menores para que poidan desenvolver axeitadamente a súas funcións educativas e socializadoras, superar situacións de necesidade e risco, e contribuír a modificación de condutas e a adquisición de pautas saudables de dinámica familiar.

Cartel informativo

30-09-2016

Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria

A Asociación Renacer vai poñer en marcha “Aprendendo a crecer: Programa de prevención escolar en secundaria”, correspondente ó curso 2016-17, nos centros educativos do Concello de Riveira e do Concello de Porto do Son.

A escola é o lugar onde se pasa unha importante parte dos primeiros anos da vida. Xunto coa familia, é o ámbito onde o individuo vai crecendo, tanto a nivel individual como social, adquirindo coñecementos e habilidades básicas para o seu desenvolvemento.

Mozo escoitando música cos auriculares

29-09-2016

Novos riscos do consumo de alcol na adolescencia

Iniciarse no consumo de alcol entre os once e o trece anos relaciónase cun maior risco de sufrir alteracións psicolóxicas no futuro, segundo revela un estudo no que participa a Universidade Complutense de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela.

O estudo, realizado sobre unha mostra de 3.696 estudantes universitarios/as de dezaoito anos, revela que empezar a beber alcol a unha idade temperá asóciase concretamente cun aumento dos síntomas psicopatolóxicos, é dicir, de indicios que apuntan á posibilidade de padecer unha alteración psicolóxica no futuro. Ademais, como síntomas frecuentes observouse malestar corporal, hostilidade e agresividade.