1 de decembro: Día Mundial da <abbr title="Síndrome de Inmunodeficiencia Humana">SIDA</abbr>

Cartel da campaña

29/11/2012

Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este evento brinda a todos os/as copartícipes, tanto públicos como privados, unha das máis oportunidades máis claras para dar a coñecer a situación e impulsar avances en materia de prevención, tratamento e atención aos afectados/as nos países con elevada prevalencia e tamén no resto do mundo.

A Asociación Renacer levará a cabo unha serie de actos informativos nos vindeiros días. Estes actos están dirixidos á poboación en xeral e a mocidade en particular, tentando concienciar acerca da importancia da prevención na loita contra a SIDA e a de involucrarse na súa detección precoz.

Instaláranse diversas mesas informativas nos tres institutos de ensinanza secundaria, nas que se repartirán lazos vermellos, material informativo e preservativos o venres día 30, en horario de mañá. Ademais no IES Nº 1 para achegar tamén a información ás persoas que acoden á ensinanza de adultos impartirase unha charla sobre sexualidade e a SIDA o xoves 29 en horario de tarde, trala que se colocará outra mesa informativa.

O sábado día 1 de decembro na rúa peonil do concello tamén se colocará unha mesa informativa para informar e sensibilizar á poboación en xeral.

Estas actividades englobánse no programa de prevención do VIH-SIDA e outras ITS da Asociacion Renacer e complementan a labor que se está a levar a cabo cos mozos e mozas nos centros de ensino secundario a través de diversos obradoiros de Educación Afectivo-Sexual e Sexo Seguro.