DÍA MUNDIAL SEN TABACO: "Protexamos á nosa mocidade"

Día Mundial Sin Tabaco

30/05/2024

Dende o 1988 a Organización Mundial da Saúde (OMS) empregou o Día Mundial sen Tabaco como unha oportunidade de resaltar os efectos prexudiciais dos cigarros e outros productos do tabaco.

O emprego de calquer produto do tabaco é perigoso, especialmente na nenez, adolescencia e mocidade; sen embargo, unha cantidade de 14 millóns de persoas de 13 a 15 anos en todo o mundo consumen actualmente produtos derivaos do tabaco. Mentres tanto, as compañías tabacaleras gastan miles de millóns de dólares cada ano no mercado de cigarros e novos produtos máis chamativos (vapers) e cuns efectos secundarios menos coñecidos.

Os produtos do tabaco (incluídos os cigarros electrónicos e vapeadores) conteñen nicotina e outros líquidos vaporizados coñecidos como e-liquid- que na súa composición destaca a presenza de substancias químicas como o propilengicol e glicerina vexetal. 

A exposición á nicotina tamén pode prexudicar ó desenvolvemento do cerebro, que continúa durante a etapa da adolescencia ata os 25 anos de idade; podendo danar partes cerebrais que controlan a atención, aprendizaxe, estado de ánimo e o control de impulsos.

FONTE: OMS