En realidade a sexualidade non ten un comezo nin un final pois acompáñanos ó longo de toda a nosa existencia, dende que nacemos ata que morremos. Só que é moi diferente, dependendo da etapa da vida na que nos atopemos. Así existirán comportamentos, desexos, motivacións, necesidades sexuais e formas de satisfacelas diferentes na infancia, na adolescencia, vida adulta e na vellez, tan dispares como esas mesmas etapas evolutivas e como o permita individualidade de cada persoa.
Durante a primeira infancia a sexualidade esta intimamente ligada ó mundo dos afectos, mediatizada por un contacto físico moi íntimo, pel a pel, cas figuras de apego, fundamental pais e nai. Esta etapa será decisiva no desenvolvemento da sexualidade por que é “cando aprendemos a tocar e ser tocados, a mirar e ser mirados, e a comunicar e entender o que nos din os demais”. Do correcto desenvolvemento desta etapa, en gran medida, a sensación de seguridade e as capacidades afectivas e de relación na vida adulta.
Conforme os nenos/as van crecendo e van ampliando o seu mundo, adquiren novas capacidades motrices, psicolóxicas, … pouco a pouco van tendo conciencia do seu propio corpo e do mundo que lles rodea, dos límites entre o un e o outro. A autoexploración e a exploración do mundo ofrécelles e experiencias valiosas para a súa maduración.
O noso comportamento como pais e nais será decisivo na adquisición da identidade de xénero, no sentimento de pertenza ó mundo masculino ou ó mundo feminino, xa que dende o momento do nacemento, e incluso antes, as nosas expectativas e as formas de relacionarnos vai ser distinta. Asignámoslles de forma imperceptible para nós, os roles de xénero.
Cara os seis anos podemos observar como adquiriron xa todas as capacidades fundamentais, asimilaron as normas de convivencia no fogar, aplicamos unha maior disciplina,… o seu mundo de relacións é máis amplo e a través del construirán a súa identidade, adquirindo os roles de xénero e asimilando normas de sociais de control da conduta sexual, para acabar por asimilar a moral sexual.
A conduta sexual non é máis co resultado dun proceso de aprendizaxe e sóese adquirir a través da observación das condutas adultas ou a través dos reproches ou castigos dos adultos cando os nenos e nenas exhiben determinadas condutas.
Chega un momento no que todo o proceso evolutivo parece ter presa, chegou a puberdade!. En poucos anos prodúcense enormes cambios, na figura corporal, na estrutura do pensamento, no mundo dos afectos, e cambios, como non, na esfera reprodutiva. Cambios, en definitiva que van dar lugar a unha nova forma de relación consigo mesmo/a, cun novo corpo, pero tamén cambios nas súas relacións persoais cos iguais e co mundo dos adultos.
Até os 2 anos:
Os nenos/as poden facer:
|
Os pais e nais poden:
|
- Explorar as partes do seu corpo, incluíndo os seus xenitais. A esta idade, os nenos poden experimentar ereccións e a vaxina das nenas pode lubricarse.
- Comezar a desenvolver sentimentos achega do tacto, do seu corpo, de ter unha identidade masculina ou feminina, e da maneira na que deben actuar como un neno ou unha nena. Estes sentimentos están influídos pola interacción dos nenos/as coa familia e a sociedade.
|
- Deixar que o bebé explore o seu corpo se se toca mentres lle cambia de cueiro.
- Fomentar unha imaxe corporal positiva ao compartir unha linguaxe "corporal" positivo co bebé.
- Dar exemplo de conduta adecuada e compartir mensaxes positivas sobre o xénero e o contacto persoal ao soster, vestir, falar e xogar co bebé.
|
De 3 a 4 anos
Os nenos/as poden facer:
|
Os pais e nais poden:
|
- Establecer que son un neno ou unha nena. Con todo, mentres xogan poden simular que son do outro xénero.
- Sentir moita curiosidade polas diferenzas corporais e xogar voluntariamente ás casiñas ou ao doutor/a, ou buscar outras formas de xogos sexuais con amigos/as ou irmáns/as que sexan afíns en idade e nivel do desenvolvemento sexual.
- Sentir cada vez máis curiosidade polos seus corpos. Ao saber que senten ben cando tocan os seus xenitais, poden empezar a masturbarse estimulándose a si mesmos coa man ou regándose cun boneco de peluche, o que pode ou non provocar un orgasmo.
- Expresar interese polas palabras relacionadas con comportamentos no baño, mostrar curiosidade sobre a forma en que os homes e as mulleres usan o inodoro, repetir as “palabrotas” que escoitan e empezar a facer preguntas sobre a sexualidade, como “e onde veñen os nenos/as?".
|
- Darlle bonecas anatomicamente correctas para axudalos/as a entender que as nenas e os nenos teñen moitas partes dos seus corpos iguais e algunhas diferentes.
- Se atopamos a un neno ou nena en pleno xogo sexual con outro neno ou nena, con amabilidade debemos preguntar que estaban a facer para que poida comprender a situación desde o seu punto de vista. É importante que o adulto abandone a perspectiva adulta e que entenda o comportamento desde o punto de vista dos nenos/as, que está motivado pola curiosidade.
- Os pais e nais poden explicar que o pene, a vulva, os glúteos, etc. considéranse privados e que ninguén debe tocar os seus "partes privadas" excepto por razóns de saúde ou para limpalos.
- De igual modo, explicar nun ton acougado, que tocar os xenitais pode facerlle sentir ben, pero débese facer nun lugar privado como o seu dormitorio. Ler cos seus fillos/as libros sobre sexualidade adecuados para a súa idade, a fin de axudalos a cimentar as bases para ser sexualmente sans.
- Seguir dando exemplo de conduta adecuada e comparta mensaxes positivas sobre o xénero e outros aspectos da sexualidade que poden xurdir.
- Usar o nome correcto para nomear as partes do corpo, incluso os xenitais.
- Darlle seguimento ás preguntas dos nenos/as dunha maneira adecuada para a súa idade, facéndolles preguntas como “que pensas?”.
|
De 5 a 8 anos
Os nenos/as poden facer:
|
Os pais/nais poden:
|
- Seguir cos xogos sexuais e coa masturbación.
- Volverse moi curiosos/as sobre o embarazo e o nacemento.
- Desenvolver amizades estreitas con persoas do mesmo sexo.
- Mostrar un interese máis forte nos roles do estereotipo masculino e feminino, sen importar a formulación dos pais e nais ante a crianza.
|
- Igual que no bloque anterior.
|
De 9 a 12 anos
Os nenos/as poden facer:
|
Os pais/nais poden:
|
- Volverse máis reservados/as e desexar a súa privacidade cando empeza a puberdade.
- Ter máis curiosidade polos corpos desenvolvidos masculinos e femininos.
- Mirar revistas e páxinas de internet eróticas.
- Namorarse de amigos ou amigas, outros adolescentes maiores, persoas famosas e outras persoas que desempeñan un papel nas súas vidas, como os mestres/as ou adestradores/as.
- Interesarse polas citas.
- Preguntarse cousas como: “Son normal?” e compararse cos/as demais.
- Experimentar presión para cumprir coas expectativas familiares e sociais da conduta adecuada dos nenos e as nenas.
- Usar unha linguaxe sexual e explorar fantasías románticas e sexuais.
- Masturbarse para obter un orgasmo máis profundo e parecido ao dos adultos.
|
- Respectar o desexo de privacidade dos/as preadolescentes.
- Compartir os valores familiares sobre as citas e o amor.
- Axudar aos seus fillos/as adolescentes a desenvolver habilidades para a toma de decisións, a comunicación e manterse firme con respecto aos seus límites e os seus desexos.
- Seguir dando exemplo de conduta adecuada e compartir mensaxes positivas sobre asuntos relacionados coa sexualidade.
- Contestar as súas preguntas e ofrecer as mensaxes que queira compartir sobre diversos temas e valores da familia.
- Proporcionar libros e información sobre sexualidade, adecuados para a súa idade.
- Facerlles saber que contan co seu apoio.
|
De 13 a 18 anos
Os nenos/as poden facer:
|
Os pais e nais poden:
|
- Desexar ter citas.
- Sentirse presionados polos seus compañeiros/as para participar en actividades diversas, incluíndo comportamentos sexuais, para os que talvez non estean listos para experimentar.
- Seguir masturbándose.
- Fantasear con situacións románticas ou sexuais.
- Namorarse.
- Experimentar con bicar e tocar, incluído o sexo oral e a relación sexual.
|
- Seguir dando exemplo de conduta adecuada e compartir mensaxes positivas sobre asuntos relacionados coa sexualidade.
- Contestar as súas preguntas e ofrecer as mensaxes que queira compartir sobre diversos temas e valores da familia.
- Proporcionar libros e información sobre sexualidade, axeitados para a súa idade.
- Facerlles saber que contan co seu apoio.
|